Glicosa 1-fosfato

composto químico
(Redirección desde «Glicosa-1-fosfato»)

A glicosa 1-fosfato[1] (tamén escrita glicosa-1-fosfato[2]) é unha molécula de glicosa que leva un grupo fosfato esterificado no carbono 1.

Glicosa 1-fosfato

Forma aniónica da α-D-glicosa 1-fosfato

Forma neutra da α-D-glicosa 1-fosfato
Identificadores
Número CAS 59-56-3
PubChem 65533
ChemSpider 388311
MeSH glucose-1-phosphate
ChEBI CHEBI:16077
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C6H13O9P
Masa molar 260,14 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Reaccións editar

  • Catabolismo: Na reacción de glicoxenólise (degradación do glicóxeno) é o produto da reacción levada a cabo pola glicóxeno fosforilase, ao hidrolizar un polímero de glicóxeno, do cal escinde moléculas de glicosa en forma de glucosa 1-fosfato[3]. Posteriormente, e para que esta glicosa poida ser utilizada no catabolismo celular, a glicosa 1-fosfato é convertida en glicosa 6-fosfato por medio da catálise levada a cabo polo encima fosfoglicomutase. Unha das razóns polas que se forma glicosa 1-fosfato en lugar de formarse directamente glicosa durante a fosforólise do glicóxeno, é que o grupo fosfato confire unha elevada polaridade á molécula de glicosa, o que impide que poida atravesar a membrana celular, quedando así marcada para incorporarse ao catabolismo intracelular[4]. A galactosa pode formar UDP-galactosa, e esta UDP-glicosa, que orixina glicosa 1-fosfato, que se pode incorporar á glicólise.
  • Anabolismo: Na glicoxenoxénese (formación de glicóxeno), as moléculas de glicosa 1-fosfato poden reaccionar con UTP para formar UDP-glicosa[3], pola acción do encima UDP-glicosa pirofosforilase. Desta forma, pode ser utilizado na síntese de glicóxeno por medio da glicóxeno sintase.

Notas editar

  1. ChemSpider Glucose 1-phosphate
  2. PubChem compound Glucose-1-phosphate
  3. 3,0 3,1 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 414-415, 572-573. ISBN 84-282-0738-0
  4. Jeremy M. Berg, John L. Tymoczko & Lubert Stryer: Biochemistry, 6th Edition, s. 450,594-595, 604. W. H. Freeman and Company, 2006. ISBN 978-0-7167-8724-2.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar