Uridín trifosfato
O uridín trifosfato, tamén chamado trifosfato de uridina ou, abreviadamente, UTP, é un nucleósido trifosfato de pirimidina formado polo nucleósido uridina esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre ribosa, unido á base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por enlace anhidro.
Uridín trifosfato | |
---|---|
[(2R,3S,4R,5R)-5-(2,4-dioxopirimidin-1-il)-3,4-dihidroxioxolan- 2-il]metil (hidroxi-fosfonooxifosforil) hidróxeno fosfato | |
Identificadores | |
Número CAS | 63-39-8 |
PubChem | 1181 |
MeSH | Uridine+triphosphate |
ChEMBL | CHEMBL605653 |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H15N2O15P3 |
Masa molecular | 484,141 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a transcrición de ARN, é dicir, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato durante a síntese, e enlázase á cadea de ARN en formación como UMP[1].
O UTP tamén pode ser utilizado pola célula como fonte de enerxía en reaccións especializadas do metabolismo de carbohidratos. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun fosfato inorgánico. Así, fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato[1].
O UTP fórmase a partir do UMP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha quinase, como esta:
2 ATP + UMP ↔ 2 ADP + UTP.
Tamén se pode producir esta reacción co GTP:
GTP + UDP ↔ GDP + UTP.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0