Unión Deportiva Pájara Playas de Jandía
A Unión Deportiva Pájara Playas de Jandía foi un club polideportivo español, da cidade de Pájara, na illa de Fuerteventura, Canarias. Fundado en 1996, desapareceu en 2011 por problemas económicos.
Nome | Unión Deportiva Pájara Playas de Jandía | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1996 | ||
Desaparición | 2011 | ||
Estadio | Costa Calma, Pájara, Fuerteventura, España | ||
Capacidade | 1.000 | ||
|
Foi especialmente coñecido polo seu equipo de fútbol. O seu maior logro foi un subcampionato na tempada 2003/04 en Segunda División B, categoría na que xogou 12 tempadas consecutivas.
Tamén tivo seccións de atletismo, loita canaria, bodyboard e tenis.
Historia
editarA UD Pájara Playas nace o verán de 1996 coa unificación ao redor da Unión Deportiva La Pared (club fundado en 1975) dos principais clubs deportivos do municipio: os equipos de fútbol Unión Deportiva La Lajita, Club Atlético Pájara e Unión Deportiva Jandía (estes dous últimos posteriormente abandonaron o proxecto); o club de loita canaria de Morro Jable e a Escola de atletismo de Morro Jable. A unión foi tutelada polo concello da localidade, que bautizou ao novo co nome de Playas de Jandía, co obxectivo de promocionar o turismo.
O novo club comezou a competir a tempada 1996/97 tomando a praza da UD La Pared en Terceira División. Tras finalizar a liga en cuarta posición, e cunha brillante actuación na liguiña de promoción, que termina invicto, o club logra o ascenso no seu primeiro ano de vida.
Na tempada 1997/98 o Pájara Playas debuta na Segunda División B, logrando sen apuros a permanencia.
A campaña 2001/02 disputa por primeira vez a Copa do Rei. Tras superar unha eliminatoria preliminar, cae en primeira rolda ante o Real Madrid, que se impuxo por 0-4 no Estadio Benito Alonso.[1]
A tempada 2003/04 realiza a mellor campaña da súa historia, proclamándose subcampión do seu grupo en Segunda B, o que lle permite disputar o ascenso á Segunda División. Na liguiña de ascenso, con todo, os majoreros víronse claramente superados pola UE Lleida, a Cultural Leonesa e o Celta B.
A tempada 2008/09 descende logo de 12 anos a Terceira División tras quedar 18º. O descenso consumouse o 3 de maio de 2009 tras perder 5-1 contra o Alcorcón en Santo Domingo.
O Pájara Playas disolveuse o 12 de xullo de 2011 debido ás limitacións económicas para continuar coa xestión do club.
Estadio
editarNa tempada 2008/09 o club trasladouse ao Campo Municipal de Costa Calma, con capacidade para 1.000 persoas, cuxo terreo é de céspede artificial. Foi inaugurado o 2 de agosto de 2008 cun partido amigable entre o local Pájara Playas e a UD Las Palmas. Anteriormente a localía do club atopábase no Estadio Benito Alonso, no poboado de La Pared.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 12
- Tempadas en 3ª: 3
- Mellor posto na liga: 2º en Segunda B (tempada 2003/04)
Historial por tempadas
editarTempada | Categoría | Posto | Copa do Rei |
---|---|---|---|
1996/97 | 3ª | 4º | |
1997/98 | 2ªB | 8º | |
1998/99 | 2ªB | 15º | |
1999/00 | 2ªB | 10º | |
2000/01 | 2ªB | 6º | |
2001/02 | 2ªB | 14º | 1ª Rolda |
2002/03 | 2ªB | 8º | |
2003/04 | 2ªB | 2º |
Tempada | Categoría | Posto | Copa do Rei |
---|---|---|---|
2004/05 | 2ªB | 15º | Rolda Preliminar |
2005/06 | 2ªB | 12º | |
2006/07 | 2ªB | 16º | |
2007/08 | 2ªB | 9º | |
2008/09 | 2ªB | 18º | |
2009/10 | 3ª | 3º | |
2010/11 | 3ª | 8º |
Xogadores destacados
editarPalmarés
editar- Subcampión da Segunda División B Española (1): 2003/04
Notas
editar- ↑ "El Mundo - Guti rompe a «síndrome Toledo»". Consultado o 11 de xaneiro de 2008.