Waco Kungo

cidade de Angola
(Redirección desde «Uaco Cungo»)

Waco Kungo, tamén coñecida como Waku-Kungo e Uaco Cungo e, antes de 1975 como Santa Comba, é unha cidade e comuna de Angola, sede do municipio de Cela, na costeira provincia de Cuanza Sul.[1]

Modelo:Xeografía políticaWaco Kungo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 11°21′30″S 15°07′10″L / -11.3583, 15.1194Coordenadas: 11°21′30″S 15°07′10″L / -11.3583, 15.1194
EstadoAngola
ProvinciasCuanza Sul Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación90.000 (2014) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude1.475 m Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

A cidade está situada a unha altitude de 1 475 msnm,[2] a uns 400 km ao sueste de Luanda, na estrada principal de Luanda a Huambo.

A súa superficie é de 4 638 km², e a súa poboación, en 2019, é 12 069 habitantes,[3] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2,6 hab./km².

O seu clima é oceánico subtropical (Cfb na clasificación climática de Köppen).

A cidade está servida polo Aeroporto de Waco Kungo de (Código da IATA CEO).

Historia editar

Desde o século XVI, partes cada vez máis grandes de Angola quedaron baixo o control do Imperio portugués. Como parte das reformas administrativas, en 1769, o gobernador portugués de Angola, Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho, fundou a provincia de Cuanza Sul. Cela se converteuse nun municipio, e Waku Kungo na súa capital.[4]

Os portugueses chamaron ao lugar Santa Comba, en referencia á cidade portuguesa de Santa Comba Dão. Na década de 1970 foi cambiado o nome da cidade.[5]

O 6 de agosto de 1975, a guerra civil entre a UNITA, o FNLA e o MPLA (1975–2002) obrigou aos habitantes da cidade a abandonar os seus fogares, causando un colapso total das infraestruturas que durou máis de 30 anos mentres a guerra fría persistiu.

 
Igrexa de Waku Kungo.

A rexión foi feramente disputada e tomada repetidamente polos partidos da guerra civil (o MPLA, coa axuda de tropas cubanas, e a UNITA coa axuda de tropas surafricanas).

Aproximadamente 25 km ao sur da cidade quedaron destruídos, e a ponte, estratexicamente importante, da estrada principal a Huambo, no río Queve,[6] estivo en poder das tropas cubanas. Na rexión aínda hai moitas minas terrestres antipersoas.

A maioría dos residentes de Waku Kungo, daqula Santa Comba Dão, foron rescatados pola Cruz Vermella Internacional e transportados por aire a Portugal.

No curso da guerra foi bombardeada unha escola en 1994, que provocou a morte de 89 nenos.

Notas editar

  1. "Juventude cristã em acampamento no Uaco Cungo" Arquivado 31 de maio de 2019 en Wayback Machine.. Jornal de Angola, 29 de xaneiro de 2015. Consultada o 11 de setembro de 2019.
  2. Waku Kungo, Angola Page en fallingrain.com (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2019.
  3. Angola Cities Database. Consultada o 11 de setembro de 2019.
  4. Info Angola. Consultado o 11 de setembro de 2019.
  5. Artigo sobre o 41º aniversario da sublevación da cidade Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. no sitio web oficial O portal de serviços do cidadão de Angola Arquivado 19 de xullo de 2019 en Wayback Machine.. Consultado o 11 de setembro de 2019.
  6. Río Queve en Nombres Geográficos (en castelán).

Véxase tamén editar