A mina é unha carga explosiva con ou sen metralla, que se activa ao pasar o inimigo.

Mina.
Soldados dos Estados Unidos retirando minas.

É unha arma normalmente cega, isto é, que non distingue entre amigos, inimigos e neutrais, polo que o seu emprego implica riscos. Adóitase empregar como arma para prohibir o paso a tropas ou unidades inimigas por unha zona determinada.

Existen as minas mariñas, estas con dispositivos submarinos destinados a estoupar por contacto, por efecto acústico, magnético ou de presión. Esas minas poden ou non estar amarradas. As normas que rexen o emprego de minas marítimas son obsoletas con respecto ao progreso da tecnoloxía.

Tamén existen as minas terrestres. O método de disparo pode ser moi variado. Desde sistemas manuais ou de presión ata sistemas electrónicos complexos (acústicos, magnéticos etc... )

O nome provén das antigas minas de principios da idade moderna, que eran galerías subterráneas que se facían baixo as fortificacións inimigas, poñendo ao final deses túneles unha carga explosiva para derribar os muros da fortaleza.