Tyler Honeycutt

baloncestista estadounidense

Tyler Deon Honeycutt, nado o 15 de xullo de 1990 en Sylmar, California, e finado o 7 de xullo de 2018 en Sherman Oaks, California, foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Tyler Honeycutt
Tyler Honeycutt UCLA cropped.jpg
Ala
Información persoal
Nacemento 15 de xullo de 1990
California Sylmar, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Sylmar (Sylmar, California)
Universidade UCLA (2009–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 35
Por Sacramento Kings
Carreira dende 2011
Historial de equipos
Sacramento Kings (2011-2013)
Reno Bighorns (2012)
Rio Grande Valley Vipers (2013)
Ironi Nes Ziona (2013–2014)
Khimki (2014–2016)
Anadolu Efes (2016–2017)
Khimki (2017–2018)

TraxectoriaEditar

UniversidadeEditar

Honeycutt foi pronto considerado coma un dos 10 mellores aleiros do país, tras chegar do Sylmar High School. No seu primeiro ano en UCLA, xogou 26 partidos, 18 de titular, e liderou ao equipo en rebotes capturados, con 6.5 por partido. Foi nomeado no equipo All-Pac 10 de xogadores de primeiro ano universitario. No seu ano coma sophomore, mellorou significativamente, nomeado MVP, no primeiro equipo do All-Pac 10, e liderou a conferencia en tapóns, con 2.1 por partido.[1] Declarouse elixible para o Draft da NBA ese mesmo ano.[2]

NBAEditar

O 23 de xuño de 2011, Honeycutt foi elixido na 35ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings.[3] Xogou o seu primeiro partido na NBA o 31 de decembro de 2011 contra os New York Knicks, e anotou 2 puntos en catro minutos de xogo.[4] O 1 de xaneiro de 2012, Honeycutt foi asignado aos Reno Bighorns da NBA D-League.[5] Foi chamado de volta polos Kings o 24 de xaneiro.[6]

O 20 de febreiro de 2013, Honeycutt foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Francisco García e Thomas Robinson a cambio de Cole Aldrich, Patrick Patterson e Toney Douglas.[7] Foi cortado polos Rockets o 5 de marzo de 2013.[8]

NotasEditar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 05 de marzo de 2012. 
  2. Brennan, Eamonn (25 de abril de 2011). "Final exam: Grading the goners". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2011. Consultado o 05 de marzo de 2012. 
  3. Maya, Adam (24 de xuño de 2011). "What were UCLA's Honeycutt, Lee thinking?". The Orange County Register. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de xaneiro de 2012. 
  4. Ham, James (31 de decembro de 2011). "Notebook: Knicks 114, Kings 92". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de xaneiro de 2012. 
  5. "SACRAMENTO KINGS ASSIGN HONEYCUTT, WHITESIDE TO BIGHORNS". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2012. 
  6. "Kings recall Tyler Honeycutt from D-league". Associated Press. 24 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  7. "Kings Complete Multiplayer Trade". NBA.com. 20 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  8. "He's Back - Rockets Sign Free Agent Aaron Brooks". NBA.com. 5 de marzo de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar