Trevor Howard

Trevor Wallace Howard-Smith, nado en Cliftonville (Kent) o 29 de setembro de 1913 e finado en Bushey (Hertfordshire) o 7 de xaneiro de 1988,[1] foi un actor inglés, gañador dos premios BAFTA e Emmy. Referente e icona de grandes títulos do cinema clásico como Breve encontro ou The Third Man, participou noutros filmes célebres como A volta ao mundo en oitenta días, Superman e Gandhi.

Trevor Howard
Trevor Howard Allan Warren.jpg
Nacemento29 de setembro de 1913
 Cliftonville
Falecemento7 de xaneiro de 1988
 Bushey
CausaCirrose hepática e Gripe
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterClifton College e Royal Academy of Dramatic Art
Ocupaciónactor, actor de teatro, actor de cinema e actor de televisión
CónxuxeHelen Cherry
PremiosPrimetime Emmy Award de melhor ator em minissérie ou filme
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Howard naceu no condado de Kent, fillo de Mabel Grey (Wallace) e Arthur John Howard-Smith.[2][3][4] O seu pai traballou na Lloyd's of London, servindo como representante en Colombo (Sri Lanka) e outros lugares; Trevor pasou os oito primeiros anos da súa vida viaxando arredor do mundo.[5][6]

Foi educado no Clifton College, Bristol,[7] e posteriormente entrou na Real Academia británica de arte dramática[8] e debutou nos escenarios londinienses en 1934. Durante a segunda guerra mundial serviu na RAF. O 8 de setembro de 1944, casou co seu primeiro amor Helen Cherry (1915-2001), matrimonio que ata a morte de Howard en 1988.

Carreira artísticaEditar

Howard debutou perante as cámaras en 1944 co filme The Way Ahead de Carol Reed.[9] Axiña puido demostrar as súas aptitudes, xa que David Lean lle ofreceu un dos seus papeis polos que pasou á historia, o do romántico doutor Alec Harvey en Breve encontro (1945). Despois deste papel, as personaxes para Howard apareceron sen parar. A súa grande estatura abriulle as portas como galán, aínda que tamén comezou a buscar outros rexistros, como o memorable Mayor Calloway de The Third Man (1949) de Carol Reed, o filme do que Howard estaba máis orgulloso.[10]

A mediados da década dde 1950, Trevor Howard xa era un actor requirido por producións dende os Estados Unidos. Sen dúbida, é lembrado pola súa interpretación do borracho Walter Morel en Sons and Lovers (1960), pola que gañou a súa única candidatura aos Óscar. Obtivo cinco candidaturas aos premios da BAFTA, gañándoo por The Key, de Carol Reed en 1958.

Durante a década dos 60, alternou filmes menores con grandes interpretacións, como a do capitán Bligh en Rebelión a bordo (1962) de Lewis Milestone. Ademais de nesta longametraxe, destacou en The Charge of the Light Brigade (1968), Ryan's Daughter (1970) o Ludwig (1972).

Home sinxelo de escrupulosa privacidade, declinou o título británico de Sir[11] e tan só especificaba nos seus contratos non traballar sempre que houbese un partido internacional de crícket (Test match).[12]

Faleceu por mor dunha bronquite o 7 de xaneiro de 1988 en Bushey, no condado de Hertfordshire dun fallo hepático e cirrose.[1] A memoria do actor gárdase no bar do Orange Tree Theatre de Richmond que ten o seu nome.

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Pettigrew Trevor Howard: A Personal Biography, Londres: Peter Owen, 2001, p. 26 and p. 245
  2. "Howard, Trevor [real name Trevor Wallace Howard-Smith] (1913–1988), actor". Oxford Dictionary of National Biography (online ed.). Oxford University Press. 2004. doi:10.1093/ref:odnb/39937.  Parámetro descoñecido |url-access= ignorado (Axuda) require subscrición
  3. Trevor Howard: The Man and His Films, Michael Munn, Robson, 1989, p. 16
  4. British Stars and Stardom: From Alma Taylor to Sean Connery, ed. Bruce Babington, 'Trevor, not Leslie, Howard', Geoffrey McNab, Manchester University Press, 2001, p. 138
  5. "World news Howard: the epitome of British stoicism". The Canberra Times 62 (19,088) (Australian Capital Territory, Australia). 9 de xaneiro de 1988. p. 4 – vía National Library of Australia. 
  6. "Popular star Trevor Howard hides behind beard". The Australian Women's Weekly 14 (13). 7 September 1946. p. 36 – vía National Library of Australia. 
  7. "Clifton College Register" Muirhead, J.A.O. p394: Bristol; J.W Arrowsmith for Old Cliftonian Society; April, 1948
  8. "BFI Screenonline: Howard, Trevor (1916-1988) Biography". www.screenonline.org.uk. 
  9. "Production of The Recruiting Officer - Theatricalia". theatricalia.com. 
  10. Variety Staff (15 de decembro de 2001). "Trevor Howard: A Personal Biography". 
  11. "No Sir! Stars who refused honors". CNN. 21 de decembro de 2003. 
  12. "The Passionate Lives of Trevor Howard". Ottawa Citizen. 17 de febreiro de 1961. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar