Breve encontro (en inglés: Brief Encounter) é un filme británico de 1945 dirixido por David Lean. Está protagonizado por Celia Johnson e Trevor Howard. O guión é do propio Lean, Ronald Neame e Noël Coward, e baséase na obra teatral de Coward de 1936 Still Life.

Breve encontro
Ficha técnica
Título orixinalBrief Encounter
DirectorDavid Lean
ProdutorNoël Coward
Anthony Havelock-Allan
Ronald Neame
GuiónNoël Coward
Anthony Havelock-Allan
David Lean
Ronald Neame
Baseado enStill Life, de Noël Coward
IntérpretesCelia Johnson
Trevor Howard
Stanley Holloway
MúsicaSerguéi Rakhmáninov
FotografíaRobert Krasker
MontaxeJack Harris
DistribuidoraEagle-Lion Distributors
Estrea13 de novembro de 1945
Duración86 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Orzamento1 millón de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0037558 Filmaffinity: 553666 Allocine: 4291 Rottentomatoes: m/1003094-brief_encounter Mojo: briefencounter Allmovie: v7121 TCM: 69696 Metacritic: movie/brief-encounter TV.com: movies/brief-encounter-1945 Netlix: 60000295Editar o valor em Wikidata

Foi emitido na TVG o 13 de decembro de 1987.[3]

Argumento editar

Laura, unha simple ama de casa, casada e con fillos coñece por casualidade nunha estación de tren que ela frecuenta diariamente un médico chamado Alec, tamén casado. Os dous inician unha amizade aparentemente inocente que aos poucos se converte nunha paixón entre ambos. Entón comezan unha relación amorosa secreta.

Elenco editar

Rodaxe editar

 
Estación de Carnforth

Gran parte do filme foi rodado na estación de Carnforth en Lancashire, daquela da London, Midland and Scottish Railway. Ao precisarse unha estación con xente, localizouse lonxe de calquera cidade grande para evitar os apagóns, xa que a rodaxe tivo lugar a principios de 1945, antes da fin da segunda guerra mundial. En dous momentos do filme indícase a localización da estación mediante sinais nas beiravías referidos a destinos locais, incluíndo Leeds, Bradford, Morecambe e Lancaster. Noël Coward realizou os anuncios da estación para o filme. A cantina da estación recreouse en estudio. A estación de Carnforth aínda conserva moitos elementos presentes no filme e é un lugar de peregrinación para fans do filme.[4] Non obstante, algunhas escenas urbanas foron filmadas en Londres, en Denham ou en Beaconsfield, preto dos estudios Denham, en que se realizou o filme.[5]

Música editar

A música recorrente no filme é o Concerto para piano n.º 2 de Serguéi Rakhmáninov, interpretado por Eileen Joyce. Tamén hai unha escena onde a orquestra do salón toca Spanish Dance No. 5 (Bolero) de Moritz Moszkowski.

Premios editar

O filme compartiu o Gran Premio no Festival de Cannes de 1946. Na 19ª edición dos Oscar, Celia Johnson foi candidata ao premio á mellor actriz, mentres que David Lean foi candidato á mellor dirección e mellor guión adaptado xunto con Anthony Havelock-Allan e Ronald Neame.

Recepción editar

Breve encontro foi aclamado trala súa estrea,[6] aínda que había dúbidas sobre se sería popular.[7] Foi votado como un dos 10 mellores filmes realizados en dúas enquisas diferentes a críticos en 1952.[8] En 1999 o filme quedou segundo na lista BFI Top 100 British films, do British Film Institute'.

Notas editar

  1. "BRIEF ENCOUNTER". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 13 de maio de 2018.  Consultado o 25 de agosto de 2017
  2. "US Life or Death to Brit Pix", Variety 25 de decembro de 1946, páx. 9
  3. Programación
  4. "BBC - Cumbria - Cumbria 0n Film - Brief Encounter". bbc.co.uk. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  5. Whitaker, Brian (comp.) (1990). Notes & Queries. Fourth Estate. ISBN 1-872180-22-1. 
  6. Turner, Adrian (26 de xuño de 2000). "Brief Encounter". Consultado o 17 de marzo de 2017. On its initial release, Brief Encounter was hailed as a groundbreaking piece of realism [...] 
  7. Brief Encounter: Archive review by C A Lejeune The Observer, 25 de novembro de 1945
  8. "Brief Encounter (1945)". Turner Classic Movies, Inc. Consultado o 17 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar