Superman (filme de 1978)

Filme de 1978 dirixido por Richard Donner

Superman é un filme sobre o personaxe de cómic Superman, o primeiro da serie fílmica de Superman. Foi candidata a tres Óscar e tivo un premio especial da Academia polos seus efectos especiais. Estreouse en galego na TVG o 12 de outubro de 2008.[1]

Superman
Ficha técnica
Título orixinalSuperman
DirectorRichard Donner
ProdutorRichard Lester
Charles F. Greenlaw
Alexander Salkind
Ilya Salkind
Pierre Spengler
GuiónMario Puzo
David Newman
Leslie Newman
Robert Benton
Baseado enSuperman de Jerry Siegel e Joe Shuster
IntérpretesMarlon Brando
Gene Hackman
Christopher Reeve
Ned Beatty
Jackie Cooper
Glenn Ford
Margot Kidder
Valerie Perrine
Marc McClure
Jeff East
Trevor Howard
MúsicaJohn Williams
FotografíaGeoffrey Unsworth
MontaxeJohn Glen
DistribuidoraWarner Bros. Pictures (USA)
Columbia-EMI-Warner (RU)
Estrea 10 de decembro de 1978
Galicia 12 de outubro de 2008 (TVG)
Duración143 minutos
OrixeEstados Unidos
Reino Unido
XéneroAcción
Ciencia ficción
Orzamento$55.000.000
Recadación$300.218.018
Filme seguinteSuperman II
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/superman-movie/
IMDB: tt0078346 Filmaffinity: 170179 Allocine: 878 Rottentomatoes: m/superman_the_movie Mojo: superman Allmovie: am7286 TCM: 91973 Metacritic: movie/superman TV.com: movies/superman-the-movie Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

O planeta Krypton está abocado á súa destrución debido á inestabilidade do uranio que compón o núcleo do planeta, inestabilidade que acaba provocando a explosión do planeta. Jor-El (Marlon Brando), científico e alto cargo do Consello, tras intentar en van convencer o máximo órgano de goberno de Krypton de que se debe proceder á inmediata evacuación do planeta, decide salvar o seu único fillo, o pequeno Kal-el, enviándoo ao planeta Terra. Trala partida, o sol vermello arredor do cal orbita Krypton, Rao, convértese en supernova, á vez que Krypton estoupa.

O bebé é recollido por unha parella de granxeiros, os Kent, que o crían como fillo seu baixo o nome de Clark. Clark non é un humano normal, a súa fisioloxía kriptoniana dótao de incríbeis poderes. Xa adulto Clark Kent (Christopher Reeve) comeza a traballar como periodista para o Daily Planet e terá que salvar a súa compañeira Lois Lane (Margot Kidder) cunha identidade falsa pola que todo o mundo o coñecerá, Superman. Mais a inesperada aparición de Superman non lle gustará nada a Lex Luthor (Gene Hackman), o cal non se vai deixar dobregar por el.

Personaxes

editar
  1. "Superman na TVG". Diario Siglo XXI. 11 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2013. Consultado o 4 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar