Traballos e días

Traballos e días (en grego antigo Ἔργα καὶ Ἡμέραι, referido ás veces polo nome latino Opera et Dies) é un poema duns 828 versos escrito por Hesíodo en torno ao ano 700 a. C..

Comezo de Traballos e días (folio 3Av/4Ar).

Contido editar

A obra está composta a partir de xéneros poéticos preexistentes que a tradición oral grega incorporara do mundo oriental: sobre todo, variantes do "catálogo" (cuxo exemplo homérico é o canto II da Ilíada): os "calendarios" e os "días"; e de coleccións de consellos, instrucións e proverbios (como o Ahikar asirio).[1] A organización é, comparada coa Teogonía, menos clara, e non se vertebra cronoloxicamente (aínda que os bloques de calendarios agrícolas e de navegación internamente respectan unha cronoloxía), senón tematicamente. As coleccións de proverbios inclúen fábulas, símiles e mitos.[2]

O poema xira en torno a dúas verdades xerais: o traballo é o destino universal do home, pero só quen estea disposto a traballar poderá con el. Os estudosos interpretaron esta obra no contexto dunha crise agraria no continente grego, que inspirou unha vaga de colonizacións en busca de novas terras.[3]

Esta obra mostra as cinco Idades do Home, ademais de conter consello e sabedoría, prescribindo unha vida de honesto traballo e atacando a ociosidade e os xuíces inxustos (como os que decidiron a favor de Perses, o seu irmán), así como a práctica da usura. Describe aos inmortais que vagan pola terra vixiando a xustiza e a inxustiza.[4] O poema considera o traballo como orixe de todo o ben, pois tanto homes como deuses odian aos folgazáns, que parecen abáboros nunha colmea.[5]

En 2020 María Teresa Amado Rodríguez traduciu a obra por primeira volta ao galego para Rinoceronte Editora.

Notas editar

  1. Rodríguez Adrados, «La composición de los poemas hesiódicos», p. 203ss.
  2. Rodríguez Adrados, «La composición de los poemas hesiódicos», p. 214ss.
  3. Espinosa Alarcón,Andrés e Pérez Iriarte, José Luís. "Las formas políticas de la Grecia arcaica a la luz de los factores socio-económicos", en CONVIVIUM, 1965 Nº 19-20, px. 117. http://www.raco.cat/index.php/Convivium/article/view/76271/99079
  4. Hesíodo, Obras e días, Canto III, 250: «Sobre a terra mantedora de moitos hai trinta mil Inmortais de Zeus que gardan aos homes mortais; e envoltos de aire, corren acá e alá sobre a terra observando os xuízos equitativos e as malas accións.»
  5. Hesíodo, Obras e días, 300: «Os Deuses e os homes odian igualmente ao que vive sen facer nada, semellante aos abáboros, que carecen de aguillón e que, sen traballaren pola súa conta, devoran o traballo das abellas.»

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar