A toupa europea (Talpa europaea) é un membro da familia Talpidae, mamíferos da orde Insectivora de vida subterránea, escavando pequenas galerías no chan. Hai toupas en América do Norte, Europa e Asia. A toupa que habita en Galicia é a Toupa ibérica (Talpa occidentalis).

Toupa europea
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Talpidae
Xénero: Talpa
Especie: T. europaea
Nome binomial
'Talpa europaea'
Linnaeus, 1758
Distribución de Talpa europaea
Distribución de Talpa europaea

Distribución de Talpa europaea

Descrición editar

Poden acadar unha lonxitude de 12–16 cm, do fociño ó nacemento do rabo. As femias son máis grandes cós machos. Teñen o corpo cilíndrico e alongado, sen pescozo diferenciado, e cuberto de pelo de cor gris escura. Os ollos son pequenos e, de feito, as toupas son case cegas. As orellas non son visibles. Teñen pelos no fociño e no pequeno rabo, que son órganos sensibles ou táctiles.

As súas patas curtas presentan unhas anchas mans, provistas de unllas fortes que usan para furar as terras, prados e xardíns, escavando galerías que poden chegar a medir 100 m. Cando chegan á superficie deixan montonciños de terra sobre a herba. Os niños construídos no subsolo están feito con herbas, pallas e follas e, ás veces, teñen pequenas despensas de vermes ós que lles morden a cabeza para telos inmobilizados pero vivos.

Aliméntanse de insectos e pequenos animais invertebrados como miñocas, larvas de escaravellos, arañas, lesmas e vermes que viven coma elas debaixo da terra.

Habitan as terras de labor e as fragas pero gústanlles sobre todo os prados. Teñen dúas camadas ó ano con varias crias de cada vez. Reprodúcense a partir do primeiro ano de vida.

Clasificación editar

Como dixemos, as toupas pertencen á familia Talpidae, que abrangue tres subfamilias:

  • Desmaninae (ratas almiscreiras)
  • Talpinae (toupas verdadeiras)
  • Uropsilinae (musarañas)

Galería de imaxes editar