Lucrecio

(Redirección desde «Tito Lucrecio Caro»)

Titus Lucretius Carus ou, galeguizado, Tito Lucrecio Caro , nado no 99 a. C. e finado no 55 a. C., foi un poeta e filósofo romano.

Modelo:BiografíaLucrecio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) T.Lucretius Carus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento94 a. C. Editar o valor en Wikidata
Pompeia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte55 a. C. Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, desangramento Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, filósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía Editar o valor en Wikidata
MovementoAtomismo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLucilia Editar o valor en Wikidata
Paisvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica
1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX985629 Musicbrainz: f49abba8-9525-4f69-8311-a357f7942d89 Discogs: 6103617 Editar o valor en Wikidata

Vida e obra

editar
 
De rerum natura, 1570

Foi autor dun longo poema didáctico en algo máis de 7400 hexámetros, De rerum natura (Sobre a natureza das cousas), distribuído en seis libros, quizais a maior obra da poesía de Roma, na que se divulga a filosofía e a física atomista de Epicuro e a física atomista de Demócrito. O único texto que chegou a nós do poema transmitiuse grazas a Cicerón, quen preparou a súa edición á morte do poeta, e ao humanista Poggio Bracciolini, que o copiou en 1418 do único códice conservado.

Son poucos e dubidosos os datos biográficos que se conservan de Lucrecio, fundamentalmente recollidos por San Xerome. Segundo estes, toleou ao beber un filtro de amor e suicidarse; pero esta información ten todo o aspecto compoñerse ad hoc para explicar a sombría visión que ofrece do amor no seu célebre poema. A tradición defendeu que padecía algún tipo de enfermidade mental, que podería ser ou non de orixe física (como a epilepsia), tratando de desprestixiar así unha visión das cousas tan afastada dos dogmas de fe.

O seu terceiro nome, Caro, era propio das clases baixas, pero Lucrecio tiña unha extensa cultura, que non era fácil de adquirir para as clases desfavorecidas. Ignórase se era orixinario da mesma Roma ou dalgunha provincia, pero é indubidábel que Lucrecio viviu en Roma e resulta evidente, polo rango de datas en que se desenvolveu á súa vida, que debeu asistir ás guerras civís romanas, ás revoltas de Mario e Sila, á conxuración de Catilina e á ascensión ao poder de Xulio César.

Tamén afirma San Xerome que Cicerón ordenou o texto en seis libros e editou o poema. O primeiro libro comenza cunha invocación a Venus como forza xerminadora da natureza e trata de como todo está composto de átomos e de baleiro. O libro segundo trata do movemento e as agrupacións dos átomos. O terceiro libro fala sobre a alma que, segundo el, é mortal. O cuarto sobre a teoría da sensación; o quinto sobre o mundo e o sexto sobre diversos fenómenos atmosféricos e as enfermidades, terminando cun sombrío panorama sobre os estragos da peste en Atenas, en deliberado contraste co inicio.

As análises da obra de poetas posteriores demostran que o estudaran a fondo. A el alude Virxilio cando escribe:

Felix qui potuit rerum cognoscere causas

atque metus omnes, et inexorablile fatum

subiecit pedibus, strepitumque Acherontis avari!
Xeórxicas, lib. II.
 
De rerum natura (edición de 1675).

Utiliza comparacións para aliviar a árida materia abstracta da obra, mesturando, cunha imaxe que máis tarde tomará Horacio, o útil co doce da mesma maneira que un médico meastura doce mel nas agrias medicinas que administra. Tamén foi citado en numerosas ocasiónes por Montaigne ao longo dos seus Ensaios.

A obra, materialista e irrelixiosa, foi traducida polo español José Marchena a principios do século XIX en hendecasílabos brancos coa intención de combater o catolicismo dos seus compatriotas.

Moi importante polos seus méritos filolóxicos e polas súas abundantes notas é a versión bilingüe do humanista inglés John Mason Good, (Londres, 1805, 2 vols.) e, por fin, a edición filoloxicamente impecábel de Carl Lachmann (Berlín, 1850).

A intención de Lucrecio, como xa sinalara Virxilio, é liberar o home do medo aos deuses e á morte, causas, segundo el, da infelicidade humana. ("Está ben ver ao navegante distante loitar contra a treboada e naufragar, non porque nos alegremos do mal alleo, senón porque é bo acharse libre de tormentos").

Representa o cosmos como un conxunto fortuíto de átomos que se moven no baleiro ("Nada nace da nada, nada volve á nada"). A alma é material e non sobrevive ao corpo. Os fenómenos teñen todos causa natural. Se existen os deuses, estes non interveñen nos asuntos dos mortais. Por outra parte, ofrece unha triste visión do amor humano que intrigou aos especialistas.

En xeral, Lucrecio está considerado como un dos tres grandes poetas do ateísmo, xunto a Ludwig Feuerbach e Thomas Hardy.

Rinoceronte publicou en 2021 Sobre a natureza das cousas, tradución, introdución e notas de Lucía Gómez Fariña, ISBN 978-84-17388-58-4.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Boyancé, Pierre (1965): Lucrèce et l'épicurisme. PUF, col. "Les grands penseurs".
  • Conche, Marcel (1967): Lucrèce et l'expérience. Seghers, col. "Philosophes de tous les temps".
  • Lucrecio (2003): La naturaleza. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2683-0
  • Lucrecio (1988): De rerun matura. Sobre la naturaleza. Edición bilingüe. Tradución de Lisandro Alvarado e estudo preliminar de Ángel Cappelletti. Caracas: Universidad Simón Bolívar.
  • Nizan, Paul (1965): Les Matérialistes de l'Antiquité. Maspero.
  • Serres, Michel (1977): La Naissance de la physique dans le texte de Lucrèce : Fleuves et Turbulences. Minuit, col. "Critique".
  • Sollers, Philippe (1986): Théorie des Exceptions. Gallimard.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar