De rerum natura
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
De rerum natura (Sobre a natureza das cousas) é un extenso poema de Lucrecio (Tito Lucrecio Caro), escrito no século I a.C. Foi composto en 7 400 hexámetros dactílicos distribuídos en seis libros. O libro, a maior obra da poesía da Roma antiga, divulga a filosofía e a física atomista de Epicuro de Samos e a física atomista de Demócrito de Abdera.
De rerum natura | |
---|---|
Título orixinal | De rerum natura |
Autor/a | Lucrecio |
Orixe | República Romana |
Lingua | latín clásico |
Xénero(s) | didactic poetry |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA única versión do texto que chegou á actualidade transmitiuse grazas a Marco Tulio Cicerón, quen preparou a súa edición á morte do poeta, e ao humanista Poggio Bracciolini, quen o copiou en 1418 do único códice conservado.
A obra, materialista e irrelixiosa, foi traducida polo español José Marchena a principios do século XIX en hendecasílabos brancos coa intención de combater o catolicismo dos seus compatriotas. Moi importantes polos seus méritos filolóxicos e polas súas abundantes notas foron:
- A versión bilingüe do humanista inglés John Mason Good, (Londres, 1805, 2 vols.)
- A edición filoloxicamente impecábel de Karl Lachmann (Berlín, 1850)
Estrutura
editar- O primeiro libro comenza cunha invocación a Venus como forza xerme da natureza e trata de como todo está composto de átomos e de baleiro.
- O libro segundo trata do movemento e as agrupacións dos átomos.
- O terceiro libro fala sobre a alma que, segundo el, é mortal.
- O cuarto, sobre a teoría da sensación.
- O quinto, sobre o mundo.
- O sexto, sobre diversos fenómenos atmosféricos e as enfermidades. Termina cun sombrío panorama sobre os estragos da peste en Atenas, en deliberado contraste co inicio.
A intención de Lucrecio, como xa sinalara Virxilio, é liberar o home do medo aos deuses e á morte, causas, segundo el, da infelicidade humana. ("Está ben ver ao navegante distante loitar contra a treboada e naufragar, non porque nos alegremos do mal alleo, senón porque é bo acharse libre de tormentos").
Representa o cosmos como un conxunto fortuíto de átomos que se moven no baleiro ("Nada nace da nada, nada volve á nada"). A alma é material e non sobrevive ao corpo. Os fenómenos teñen todos causa natural. Se existen os deuses, estes non interveñen nos asuntos dos mortais. Por outra parte, ofrece unha triste visión do amor humano que intrigou aos especialistas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: De rerum natura |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- De la naturaleza de las cosas. Texto completo na biblioteca virtual Cervantes (en castelán).
- De rerum natura (Titus Lucretius Carus). Texto latino en Wikisource.