Thomas Tudway, nado probablemente antes de 1650 e finado en 1726, foi un músico inglés, profesor de música da Universidade de Cambridge.[1] É coñecido como compositor e tamén pola súa compilación dunha colleita de música de Igrexa Anglicana.

Infotaula de personaThomas Tudway

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1656 Editar o valor em Wikidata
Morte1726 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor em Wikidata

Vida editar

Tudway naceu a finais da primeira metade do século XVII, xa que se coñece que sendo un neno entrou a formar parte, en 1650, do coro da Capela Real, pouco despois da Restauración. En abril de 1664 obtivo a praza de tenor no coro de San Xurxo, en Windsor. En 1670 sucedeu a Henry Loosemore como organista do King's College, en Cambridge, onde tamén se encargou de formar os coristas entre 1679 e 1680. Tamén foi organista no Pembroke College e en Great. Saint Mary. En 1681 compuxo dous exercicios para a súa graduación en Música: o Salmo 20. en inglés, e o Salmo 2, en latín, con cadanseu acompañamento orquestral.[2]

Tras a morte de Nicholas Staggins en 1700, o primeiro profesor de música en Cambridge, Tudway foi elixido como o seu sucesor en 30 de xaneiro de 1705. Nese mesmo ano acadou o doutoramento en Música e viu como unha das súas composicións, o himno titulado Thou, O God, hast heard our desire ("Ti, oh, Deus, oíches o noso desexo") se executaba na capela do King's College con motivo da visita da Raíña Ana á universidade, o día 16 de abril. Foi nomeado "compositor e organista extraordinario" da raíña.

Coñecido polos seus calembures, Tudway foi xulgado en 1706 por un xogo de palabras de carácter ofensivo e despectivo cara á raíña, e sentenciado a ser "degradado de todos os seus graos, presentes e futuros" e a ser destituído da súa praza de profesor e dos tres postos de organista dos que dispuña. Porén, o 10 de marzo de 1707 fixo un acto de retractación pública a raíz do cal foi absolvido formalmente e restabelecido en todos os seus cargos.

Era un conservador tradicionalista e foi un dos partidarios de John Walker e un crítico de Richard Bentley.[3]

Tudway morreu o 23 de novembro de 1726, e foi sucedido como profesor por Maurice Greene en xullo de 1730.

A Compilación de Harley editar

As opinións políticas puideron pór a Tudway en contacto con Robert Harley, primeiro conde de Oxford, para quen acometeu o seu traballo máis importante. Como complemento á biblioteca de Harley, Tudway copiou a partir de 1714 un conxunto representativo de composicións para a igrexa anglicana, que ata a data estaban indispoñibles en forma escrita[4]. Xuntou seis volumes de máis de 3.000 páxinas, en colaboración con Humphrey Wanley, que recolleu 70 pezas litúrxicas e 244 himnos de 85 compositores, algúns da súa propia autoría. Os orixinais proviñan de manuscritos localizados arredor de toda Inglaterra, aínda que a colección se baseaba maiormente nos libros do coro da catedral de Ely. No Dicionary of Music and Musicians amósase unha lista detallada do seu contido.

Outros traballos editar

O himno de Tudway titulado Is it true that God will dwell with men? ("É certo que Deus habitará cos homes?") foi interpretado na capela de San Xurxo, en Windsor. Compuxo ademais o himno de acción de grazas I will sing of Thy great mercies ("Cantarei de ti unha grande clemencia"), en conmemoración da vitoria na batalla de Blenheim.

En 1720 compuxo himnos compostos e un Te Deum con acompañamento orquestral para a consagración da capela privada de Robert Harley en Wimpole Hall. Algunhas cancións e canons da súa autoría foron publicados en varias compilacións. O himno Thou, O Lord, hast heard our desire foi imprimido por Arnold[5].

Notas editar

  1. Enciclopedia Espasa. Volume 64. Páxina 1337. [ISBN 84-239-4564-2]
  2. Lee, Sidney, ed. (1899). "Tudway, Thomas". Dictionary of National Biography. Smith, Elder & Co.
  3. "Tudway, Thomas". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge.
  4. Weber, William. Thomas Tudway and the Harleian Collection of Ancient Church Music Arquivado 07 de maio de 2016 en Wayback Machine..
  5. Composicións de Thomas Tudway. En allmusic.com

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lee, Sidney, ed. (1899). "Tudway, Thomas". Dictionary of National Biography, Smith, Maior & Co. Londres.
  • The New Grove Dictionary of Music & Musicians. Ed. Stanley Sadie; 1980. ISBN 1-56159-174-2