Thomas K. DeLorey
Thomas K. DeLorey, nado en Detroit, Míchigan, o 26 de agosto de 1950, é un investigador e escritor numismático estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1950 (74 anos) Detroit, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Estatal Wayne |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Familia | |
Cónxuxe | Jean Hardwidge. |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". |
Traxectoria
editarThomas DeLorey cursou os seus estudos superiores na Universidade Estatal Wayne, en Míchigan, a súa cidade natal, onde se graduou en 1972.[1][2]
O decembro do ano seguinte ingresou no cadro da revista numismática Coin World como corrector de probas e en maio de 1974 foi nomeado editor adxunto da sección "Collectors' Clearinghouse".[1][2]
O 1 de novembro de 1978 foi contratado pola American Numismatic Association (ANA) como autenticador, e traballou na ANACS —a axencia de certificación da ANA— desde xullo de 1981, ata a súa dimisión o 30 de abril de 1984.[2] Durante ese período é de salientar a súa identificación do espécime "Linderman" do dólar de 1804 que lle fora roubado a Willis DuPont.[1]
En 1981 foi editor do TAMS Journal .[1]
Posteriormente traballou cos comerciantes numismáticos Walter Perschke (durante 1984-1988) e Harlan Berk (1989- 2010), ambos establecidos en Chicago. En 2004 ingresou no Professional Numismatic Guild ("Gremio Numismático Profesional").[1][2]
DeLorey foi un estudoso dos produtos numismáticos do comerciante Thomas Elder, asunto sobre o que escribiu un coñecido artigo titulado "Thomas L. Elder: A Catalogue of his Tokens and Medals", publicado en The Numismatist en xuño e xullo de 1980,[2][3][4] que o fixo merecedor dos premios Heath Literary e Wayte and Olga Raymond Memorial en 1981. Outro artigo seu sobre James N. Longacre publicado en 1985, na mesma revista,[5] valeulle novamente a concesión de ambos os premios. E en 2020, por un artigo sobre o dólar da Liberdade Sentada de 1873-S publicado o ano anterior, logrou estes dous premios por terceira vez.[1][6]
Vida familiar
editarDeLorey casou o 18 de outubro de 1986 con Jean Hardwidge, quen faleceu en 2010. Volveu contraer matrimonio en 2013.[1]
Recoñecementos
editar- 1981, 1985 e 2020: Premio Heath Literary.[1][2][6]
- 1981, 1985 e 2020: Premio literario Wayte and Olga Raymond Memorial.[1][2][6]
- 1999: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild.[7]
- 2009: Numismático do ano, da American Numismatic Association (ANA).[1][8]
- 2011: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a American Numismatic Society (ANS) e o Numismatic Literary Guild (NLG).[1][8]
- 2020: Premio á Traxectoria, da ANA.[1][8]
- 2021: Incluído na listaxe das persoas máis influentes en numismática en 1960-2020, pola revista Coin World.[2]
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Smith, P. (2012).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Thomas DeLorey". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 38.
- ↑ DeLorey, T. (1980). "Thomas L. Elder: A Catalogue of his tokens and medals" (1ª parte). En The Numismatist. Xuño. Páxinas 1328-1351.
- ↑ DeLorey, T. (1980). "Thomas L. Elder: A Catalogue of his tokens and medals" (2ª parte). En The Numismatist. Xullo. Páxinas 1608-1630.
- ↑ DeLorey, T. (1985). "Longacre: Unsung engraver of the U.S. Mint". En The Numismatist. Vol. 98. Nº 10. Outubro.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "ANA Honors distinguished numismatists and writers with awards". En Coins Weekly. 27 de agosto de 2020.
- ↑ "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Smith, P. (2012). "DeLorey, Thomas K.". En American Numismatic Biographies. Páxina 110.
- "Thomas DeLorey". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 38.