Thibaut Courtois
Thibaut Nicolas Marc Courtois (AFI: [tibo kuʁtwa]), nado en Bree, Limburgo, o 11 de maio de 1992, é un futbolista internacional belga que xoga como gardameta para o Real Madrid CF da Liga Santander e para a selección de Bélxica.
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (nl) Thibaut Nicolas Marc Courtois 11 de maio de 1992 (32 anos) Bree (Bélxica) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Bélxica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Cristianismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 200 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 96 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 17 de abril de 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Belgian Dutch (en) , francês belga (pt) , lingua inglesa e lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Bélxica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Primeira División Española | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | Eurocopa de Fútbol Europa 2020 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Valérie Courtois | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | thibautcourtois.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarKRC Genk
editarCourtois comezou a súa carreira futbolística aos 5 anos de idade no Bilzerse VV. Neste equipo permaneceu durante tres anos, antes de marchar ao KRC Genk aos 8 anos de idade,[1] onde nun principio xogou como lateral esquerdo antes de desempeñarse como gardameta,[1] a súa posición actual. O seu debut con este equipo foi o 17 de abril de 2009 ante o KAA Gent cando só contaba con 16 anos de idade.[2] Debido á crise de gardametas non dispoñibles pola que pasaba o Genk, foi como se produciu o debut de Courtois. Courtois comezara a tempada 2008-09 como o sexto gardameta na orde xerárquica do Genk,[2][3] estando por detrás de Logan Bailly, Sinan Bolat, Davino Verhulst, Sem Franssen e Koen Casteels.[3] Con todo, logo da venda de Bailly ao Borussia Mönchengladbach e de Bolat ao Standard de Liège en xaneiro de 2009, o terceiro gardameta Verhulst quedou coa titularidade, mentres que Franssen e Casteels foron nomeados segundo e terceiro gardameta respectivamente.[3] No entanto, Verhulst foi suspendido durante dous encontros pola Real Federación Belga de Fútbol debido a unha falta que cometeu sobre Wilfried Dalmat durante un encontro ante o Standard de Liège o 15 de marzo de 2009,[3] mentres que Franssen sufriu unha rotura de ligamentos no seu nocello e Casteels acababa de recuperarse dunha fractura no seu dedo e atopábase fóra de ritmo.[3] Desta forma, Courtois recibiu a súa oportunidade e puido debutar en Primeira División.[2][3]
Para a tempada 2009-10, Courtois disputou toda a campaña co equipo de reservas do Genk,[2] mais na seguinte tempada, o adestrador Franky Vercauteren elixiuno como gardameta titular do primeiro equipo. Debido a que Verhulst atopábase lesionado e a que había problemas na transferencia do gardameta húngaro László Köteles, Courtois foi seleccionado para disputar a fase previa da UEFA Europa League ante o Inter Turku de Finlandia, ante o cal tivo unha participación destacada na vitoria do Genk por 5-1 no partido de ida e por 3-2 no de volta. Despois de disputar os 3 primeiros encontros na liga, Courtois asinou o seu primeiro contrato profesional co Genk o 18 de agosto de 2010 cunha duración de 3 anos. Ao día seguinte, foi titular na derrota por 3-0 ante o FC Porto na Europa League. Courtois tamén logrou facer o seu debut na Copa de Bélxica o 9 de novembro de 2010 na derrota do seu equipo por 2-1 fronte ao Standard de Liège. Con todo, no último encontro da tempada ante o Liège, o Genk necesitaba polo menos un empate para levar o título de liga ante un Standard que tamén buscaba levar o campionato. Nun encontro onde o Standard sufocou a unha dura defensa do Genk, Courtois logrou salvar o empate a 1-1 con tres atalladas vitais nos últimos minutos do encontro En total, Courtois logrou disputar 44 partidos co Genk durante a tempada. Tamén foi elixido como o Gardameta do Ano no fútbol belga e como o Mellor Xogador do Genk ao finalizar a tempada.[1][2]
Chelsea
editarO club fixo todo o posíbel para persuadir ao xogador e ao seu representante de que Courtois debe de quedar no Genk pero non funcionou. (...) O Genk non tivo outra opción que aceptar a oferta do Chelsea, a cal é por moito a maior oferta que recibísemos algunha vez por un xogador.Comunicado do KRC Genk na súa páxina web acerca da venda de Courtois.
O 16 de xullo de 2011, o Genk fixo público na súa páxina web que Courtois decidiu marchar ao Chelsea FC de Inglaterra, pero que trataron de facer "todo o posíbel" para convencelo de quedar no club, o cal non funcionou.[4] Dez días despois, Courtois completou o seu traspaso ao Chelsea, asinando un contrato de 5 anos por un monto de 7,9 millóns de libras.[1] No entanto, o mesmo día en que asinou co Chelsea, Courtois foi cedido ao Atlético de Madrid de España até o final da tempada 2011-12.[5]
Atlético de Madrid
editarO seu debut co Atlético sería o 25 de agosto de 2011 nun encontro de clasificación á Europa League fronte ao Vitória SC, ante o cal tivo un bo papel na vitoria do seu equipo por 4-0. Tres días despois, Courtois fixo o seu debut na Primeira División nun encontro fronte ao CA Osasuna, no que ambos os equipos empataron 0-0. O 9 de maio de 2012, conseguiu o seu primeiro título internacional disputando e gañando a final da Europa League por 3 goles a 0 ao Athletic Club. Durante o verán de 2012 chegouse a un acordo entre o Chelsea e o Atlético de Madrid para que Courtois permanecese, de novo, cedido durante a tempada 2012-13 no club madrileño. O 31 de agosto de 2012 Courtois e o Atlético de Madrid coroáronse campións da Supercopa de Europa, gañando por 4-1 ao Chelsea. Courtois xogou os 90 minutos do que foi o centésimo partido da súa carreira como profesional. Nestes primeiros 100 partidos, Courtois encaixou 101 goles.
Durante a Liga 2012-13 Courtois converteuse no porteiro menos goleado, obtendo así o Trofeo Zamora que se lle outorga ao porteiro menos goleado durante a competición. Estas actuacións axudaron ao equipo a acabar terceiro e conseguir a clasificación para a Liga de Campións 2013-14. A tempada serviu a nivel persoal a Courtois para superar as marcas de imbatibilidade de Abel tanto en casa como fose. Así, o 10 de marzo de 2013 superou a marca no estadio Vicente Calderón permanecendo durante 820 minutos sen encaixar un gol e o 8 de maio fóra de casa, deixando o rexistro en 680 minutos. Na Copa do Rei, o 17 de maio de 2013 proclamouse campión ao vencer na final ao Real Madrid por dous goles a un. O partido chegou ao final dos 90 minutos con empate a un e na prórroga, tras adiantarse o Atlético, Courtois realizou unha serie de paradas que evitaron o empate a dous.
De cara á tempada 2013-14 Courtois expresou o seu desexo de permanecer no Atlético un ano máis cedido e de disputar a liga de Campións co club branquivermello. Finalmente o 22 de xuño de 2013, o Atlético de Madrid e o Chelsea chegaron a un acordo para prorrogar a cesión unha tempada máis. A principios de tempada proclamouse subcampión da Supercopa de España tras perder ante o FC Barcelona debido á regra do gol visitante (1-1 na ida e 0-0 na volta). Na eliminatoria de cuartos de final da Liga de Campións ante o FC Barcelona, é clave para que o Atlético volva a semifinais 40 anos despois. O 17 de maio de 2014 proclamouse campión da Liga 2013-14 na última xornada tras un empate 1-1 fronte ao FC Barcelona no Camp Nou.
Títulos
editarCampionatos estatais
editarTítulo | Club | Estado | Ano |
---|---|---|---|
Primeira División | KRC Genk | Bélxica | 2011 |
Copa do Rei | Atlético de Madrid | España | 2013 |
Primeira División | Atlético de Madrid | España | 2014 |
Campionatos internacionais
editarTítulo | Club | Estado | Ano |
---|---|---|---|
UEFA Europa League | Atlético de Madrid | España | 2012 |
Supercopa de Europa | Atlético de Madrid | España | 2012 |
Distincións individuais
editarDistinción | Ano |
---|---|
Gardameta do Ano na Primeira División de Bélxica | |
Mellor xogador do KRC Genk | |
Mellor gardameta Golden Boy | |
Trofeo Zamora | |
Mellor porteiro nos Premios de LFP | |
Trofeo Zamora |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Courtois Completed" (en inglés). 19 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2013. Consultado o 3 de xullo de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Niblock, Gary (22 de xullo de 2011). "Five things you need to know about new Chelsea signing Thibaut Courtois" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "RC Genk met 16-jarige zesde keeper tegen AA Gent" (en neerlandés). 15 de abril de 2009. Consultado o 3 de xullo de 2014.
- ↑ "Thibaut Courtois verlaat KRC Genk" (en neerlandés). 16 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2014.
- ↑ "Chelsea loan young goalkeeper Thibaut Courtois to Atlético de Madrid" (en inglés). 22 de xullo de 2011. Consultado o 3 de xullo de 2014.