Abrir o menú principal

Jupiler Pro League

(Redirixido desde "Primeira División de Bélxica")

A Primeira División de Bélxica, oficialmente Jupiler Pro League por motivos de patrocinio, é a máxima categoría da liga de fútbol en Bélxica. Dispútase anualmente desde 1895. O equipo con máis títulos é o RSC Anderlecht, con 33 campionatos nas súas vitrinas.

Eerste klasse
Fundación1895
RexiónBélxica Bélxica
Equipos16
Actual campiónKRC Genk (2018-19)
Máis laureadoRSC Anderlecht (34 títulos)
Sitio webwww.jupilerleague.be

CompeticiónEditar

Hai 16 equipos na Jupiler League. Durante cada tempada (desde agosto ata abril), cada equipo enfróntase dúas veces co resto, unha vez no seu estadio e outra na dos seus adversarios, nun total de 30 partidos por cada equipo. Ao final dos 30 partidos, procédese a xogar a segunda fase, que se divide en dous partes:

  • Os seis primeiros xogan o play-off polo título.
  • Do 7º ao 14º lugar xogan un play-off para clasificar a Europa.

No caso do play-off polo título, cada equipo enfróntase dúas veces co resto, completando 10 partidos. Os dous primeiros clasificados xogarán a terceira rolda preliminar da Liga de Campións, mentres que o terceiro xoga a rolda de play-off da Liga Europa. O cuarto clasificado xogará contra o gañador do play-off europeo, por unha pasaxe á Liga Europa, especificamente á terceira rolda preliminar.

Os dous últimos clasificados xogarán un play-off para decidir quen dos dous descende de categoría.

Equipos participantes (2014/15)Editar

PalmarésEditar

Véxase taménEditar