The Northman

filme de 2022 dirixido por Robert Eggers

The Northman é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Robert Eggers a partir dun guión que el escribiu con Sjón. Baséase na lenda de Amleth, e está protagonizado por Alexander Skarsgård (quen tamén é produtor), Nicole Kidman, Claes Bang, Anya Taylor-Joy, Ethan Hawke, Björk e Willem Dafoe. Céntrase na historia de Amleth, un príncipe viquingo quen quere vingar o asasinato do seu pai. O filme está fortemente influenciado pola mitoloxía nórdica.[2]

The Northman
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Northman
DirectorRobert Eggers
Produtor
Guión
Baseado enA lenda de Amleth de Saxo Grammaticus
Intérpretes
Música
FotografíaJarin Blaschke
MontaxeLouise Ford
Estudio
Distribuidora
Estrea28 de marzo de 2022
Duración136 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción, suspense e épico
Orzamento70–90 millóns de dólares
Recadación69,6 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt11138512 Filmaffinity: 880392 Allocine: 278182 Rottentomatoes: m/the_northman Metacritic: movie/the-northman Editar o valor em Wikidata

Skarsgård quería facer un filme viquingo dende había varios anos, e Eggers decidiu facer o seu terceiro proxecto despois de que os dous se reunisen para discutir posibles colaboracións. Gran parte do elenco uniuse en outubro de 2019 e a rodaxe tivo lugar en lugares de Irlanda do Norte, a República de Irlanda e Islandia dende agosto até decembro de 2020.

The Northman estreouse en Estocolmo no Cinema Rigoletto o 28 de marzo de 2022. Comezou a estrearse nos cinemas nalgúns países o 13 de abril de 2022 e estreouse nos Estados Unidos o 22 de abril con grande éxito da crítica, con eloxios á dirección de Eggers, o guión, a fotografía, os efectos visuais, a banda sonora e as actuacións do elenco. Aínda que tivo un rendemento inferior na recadación mundial, máis tarde tivo éxito financeiro no mercado de vídeo baixo demanda e noutros mercados logo da estrea.[3][4]

Personaxes editar

Notas editar

  1. "The Northman (15)". BBFC. Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2022. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  2. Sailes, J.S. (29 de abril de 2022). "The Northman: Every Nod to Norse Mythology, Explained". CBR.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2022. Consultado o 22 de xullo de 2022. 
  3. Ritman, Alex (31 de agosto de 2022). "Venice: Focus Features' Production and Acquisitions Head Kiska Higgs on Todd Field's "Dazzling" 'TÁR,' Cate Blanchett Buzz: 'She Always Delivers!'". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2022. 
  4. "As 'Beast' Tops Vudu, How PVOD May Help Save the Non-Franchise Movie". Forbes. 
  5. Gardner, Chris (22 de abril de 2022). "Why This 12-Year-Old Actor Kept Role as Young Bruce Wayne in The Batman a Secret From Classmates". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2022. Consultado o 22 de abril de 2022.