The Creation of Feminist Consciousness

The Creation of Feminist Consciousness (A creación da conciencia feminista) é un libro escrito por Gerda Lerner. Publicouse en 1993 e constitúe a segunda parte da obra que Lerner titulou Women and History ( Mulleres e Historia ). Os temas que se desenvolven neste libro son o estudo histórico da aparición da conciencia feminista e as diferentes formas de resistencia que foron desenvolvidas polas mulleres. Un libro que documenta doce séculos nos que as mulleres loitaron por liberarse do pensamento patriarcal e por construír unha conciencia feminista.[1]

The Creation of Feminist Consciousness
Título orixinalThe Creation of Feminist Consciousness
OrixeEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
Data de pub.1993
editar datos en Wikidata ]

Contido

editar

Lerner traza unha xenealoxía dende a Idade Media ata o século XIX, amosando os diferentes aspectos nos que as mulleres loitaron pola súa autonomía e pola súa propia voz. [2] Os límites de tempo foron elixidos porque xa existen fontes escritas no século VII e 1870, porque neste intre xorde o movemento sufraxista en Europa occidental e nos Estados Unidos . [1]

Representa a místicas e visionarias, relixiosas católicas, beguinas, protestantes, pietistas, cuáqueras e shakers. Mulleres que demostraron que eran "criaturas iguais ante Deus", capaces de comunicarse con El sen a mediación dos homes. Destacan os nomes de Hildegarda de Bingen (século XII), Guglielma de Milan (XIII), Margarida Porete (XIII-XIV) Christina Ebner (s. XIV) ou Xiana de Norwich (XV) a Tareixa de Ávila (XVI), Madame Guyon (XVII) Anna Vetter, (XVII) Margaret Fell (XVII) ou Ann Lee (XVIII), entre moitas máis.[3]

Outras afirmáronse, baseándose na súa experiencia común ou "capacidade de ser nais ". Así chama a Dhuoda (século IX), Matilde de Magdeburgo, Gertrude Magna, Margaret Fell e Sarah Grimké (XIX). [3]

Tamén as que se “autorizaron” a pensar e escribir, desenvolvendo a súa creatividade intelectual e artística, a pesar dos impedimentos. Entre estes nomea a pensadoras, escritoras e artistas como María de Francia (XII), Christine de Pizan (XV), Isotta Nogarola (XV), Marie de Gournay (XVII), Sor Juana Inés de la Cruz (XVII), Elisabeth Elstob. (XVII), Mary Woollstonecraft (XVIII), Jane Austen (XVII-XVIII), Flora Tristán (XIX), así como numerosas escritoras, novelistas ou poetas do século XIX, como Emily Dickinson, as irmás Bronte, George Eliot, George Sand e Elizabeth Barrett Browning.[3]

Para ela esta é a “historia de mulleres” que quedaba por contar.[3]

Lerner entendeu a historia como un proxecto transformador que nos explica o presente. Por iso, a memoria e a súa recuperación son claves para a emancipación. Para ela, o colectivo das mulleres non se pode analizar como outras minorías xa que representan a metade da humanidade e son obxecto dunha opresión moi concreta que precede ao resto de opresións. [1]