Tempada 2018-19 da Primeira División Galega de hóckey a patíns

A tempada 2018-19 da Liga Sénior Masculina Autonómica comezou o 21 de setembro de 2018 e finalizou o 10 de febreiro de 2019. Na competición tomaron parte un total de 12 equipos, dos cales tres eran o segundo equipo doutro equipo na mesma categoría.

Logo da disputa das 22 xornadas de liga regular o AA Dominicos "A" da Coruña proclamouse campión da categoría e clasificouse para a disputa da OK Liga Bronce xunto co tamén coruñés Compañía María "A" (2º clasificado) e o Escola Lubiáns de Carballo (3º clasificado). O AA Dominicos foi ademais o equipo máis goleador da competición con 176 goles e o menos goleado, encaixando tan só 37 goles, mentres que o HC Borbolla "B" foi o equipo menos goleador (44 goles) e o que máis goles encaixou con 177.[1]

O máximo goleador da competición foi Marcos Martínez Ramilo, do Escola Lubiáns, que anotou un total de 50 goles en 21 partidos.[1]

Sistema de competición editar

A liga disputouse en formato de todos contra todos a dobre volta, polo que cada equipo xogou un total de 22 partidos de liga regular. Ao finalizar esta fase os tres primeiros clasificados disputaron a OK Liga Bronce cos tres primeiros clasificados da Liga Sénior Asturiana, e os dous primeiros clasificados da Liga Norte,[a] para decidir os equipos que ascenderían á OK Liga Prata.[2]

Participantes editar

Equipo Cidade Estadio
HC Borbolla "A"   A Coruña Polideportivo de Monte Alto
HC Borbolla "B"   A Coruña Polideportivo de Monte Alto
Compañía María "A"   A Coruña Colexio Compañía de María
Compañía María "B"   A Coruña Colexio Compañía de María
CH Compostela   Santiago de Compostela Pavillón Municipal de Vite
AA Dominicos "A"   A Coruña Colexio Dominicos
AA Dominicos "B"   A Coruña Colexio Dominicos
Escola Lubiáns   Carballo Pavillón Carballo Calero
HC Liceo   A Coruña Colexio Liceo La Paz
A.C. Ordes   Ordes Pavillón Municipal Castelao
HC Raxoi   Santiago de Compostela Pavillón Municipal de Vite
Traviesas H.C.   Vigo Pavillón do Carme

Clasificación editar

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1 AA Dominicos "A" 63 22 21 0 1 176 37 +139
2 Compañía María "A" 48 22 15 3 4 118 44 +74
3 Escola Lubiáns 47 22 15 2 5 131 70 +61
4 CH Compostela 45 22 14 3 5 97 49 +48
5 A.C. Ordes 42 22 14 0 8 101 61 +40
6 HC Liceo "C" 38 22 12 2 8 103 85 +18
7 Compañía María "B" 36 22 12 0 10 81 78 +3
8 HC Borbolla "A" 23 22 7 2 13 70 108 -38
9 HC Raxoi 19 22 6 1 15 54 106 -52
10 AA Dominicos "B" 18 22 5 3 14 60 111 -52
11 Traviesas H.C. 9 22 3 0 19 61 169 -108
12 HC Borbolla "B" 0 22 0 0 22 44 177 -133

Lenda editar

Clasificados para a OK Liga Bronce

Pts = Puntos totais
PX = Partidos xogados
PG = Partidos gañados
PE = Partidos empatados
PP = Partidos perdidos

 

GF = Goles a favor
GC = Goles en contra
DG = Diferenza de goles (GF-GC)

 

Resultados editar

Notas editar

  1. A Liga Norte está integrada por equipos de Castela e León, Euskadi, Navarra, Cantabria e Aragón.
Referencias
  1. 1,0 1,1 "LIGA SENIOR MASCULINA AUTONOMICA 2018/19". Federación Galega de Patinaxe. Consultado o 9 de febreiro de 2020. 
  2. "45.- OK LIGA BRONCE". BASES DE COMPETICION HOCKEY SOBRE PATINES TEMPORADA 2018/2019 (PDF) (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar