Taslima Nasrin ou Taslima Nasreen, nada en Mymensingh (Bangladesh) o 25 de agosto de 1962 é unha escritora, médica,[1] feminista e activista polos dereitos humanos de nacionalidade británica, india e sueca. É coñecida polos seus escritos sobre a opresión da muller e as súas críticas á relixión, que a obrigaron a ir ao exilio e que provocaron múltiples fatwas pedindo a súa morte. A obra de Nasrin foi traducido a trinta linguas e algúns dos seus libros están prohibidos en Bangladesh.

Modelo:BiografíaTaslima Nasrin

(2013) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(bn) তসলিমা নাসরিন Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Mymensingh (Paquistán) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova Deli Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaFeminismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónMymensingh Medical College (en) Traducir - Bachelor of Medicine, Bachelor of Surgery (pt) Traducir (–1984) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e ensaio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, médica, activista polos dereitos das mulleres Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata -
MovementoAteísmo, feminismo e Activismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNayeemul Islam Khan (1990–1991)
Rudra Mohammad Shahidullah (1982–1986) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webtaslimanasrin.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1755785 Facebook: nasreen.taslima Twitter: taslimanasreen BNE: XX1045775 Discogs: 1026931 Editar o valor en Wikidata

Gañou atención global a comezos da década de 1990 debido aos seus artigos e novelas con visións feministas e crítica do que ela consideraba todas as relixións misóxinas, incluído o islam.[2][3]

Nasrin vive no exilio dende 1994.[4] Tras pasar máis dunha década en Europa e nos Estados Unidos, marchou á India en 2004, mais foi deportada en 2008,[5] aínda que permaneceu en Kolkata con permiso de residencia de longa duración, entrada múltiple ou visado 'X' dende 2004.[6][7]

Nasrin avoga pola liberdade de pensamento e os dereitos humanos publicando,[8] dando conferencias e facendo campañas.[9][10] Non puido regresar nin ao seu fogar en Bangladesh nin ao seu fogar adoptivo en Bengala Occidental (India).[11]

Traxectoria

editar

Nasrin naceu no seo dunha familia musulmá conservadora. É fila do doutor Rajab Ali e de Edul Ara e naceu en Mymensingh. O seu pai era médico e profesor de xurisprudencia médica no Mymensingh Medical College e tamén en Sir Salimullah Medical College de Dacca e no Dhaka Medical College. Nasrin estudou medicina e fíxose así mesmo médica.[12] Comezou a escribir aos 15 anos poemas e textos sobre as diferenzas entre as castas, entre os homes e as mulleres e entre ricos e pobres.

En 1986 publicou o seu primeiro libro de poemas ao que seguiu unha serie de poemas eróticos. Xa por entón o seu estilo provocativo e as súas conviccións radicais convertérana nunha escritora notable.

En febreiro de 1993, publicou por primeira vez en bengalí Lajja, unha novela na que Nasrin describe as desgrazas dunha familia hindú de Dacca despois da destrución na India, o 6 de decembro de 1992, da mesquita de Babri d'Adoyha. A autora denuncia formalmente os instigadores dese acto, mais o que lle interesa en realidade é describir a situación dos que pagan o prezo da loucura dos extremistas relixiosos.[13]

En 1994, o Estado acusouna de "ofender os sentimentos relixiosos dos musulmáns"; os líderes relixiosos declararon unha folga xeral que paralizou o país, esixindo a súa inmediata execución, 300 000 manifestantes congregáronse na capital de Bangladesh pedindo o seu aforcamento e Nasrin, finalmente, abandonou o seu país camiño do exilio.[14]

Ese mesmo ano recibiu o Premio Sakharov de Dereitos Humanos e Liberdade de Conciencia, que concede o Parlamento Europeo.[15]

A década seguinte residiu en cidades europeas (Berlín, Estocolmo) e en Nova York onde vivía a súa irmá.

En 2004, regresou á India e de novo sufriu ameazas.[16] Intentou obter a nacionalidade mais foi rexeitada. Apenas lograba visados temporais a causa da presión dos fundamentalistas.

En 2007, tras unha conferencia na India, un grupo radical ofreceu a cifra de 500 000 rupias para quen a decapitase. A mediados de febreiro de 2008, obtivo unha extensión do seu visado por seis meses e asegurou que a India se convertera no seu segundo fogar negándose a viaxar a París para recibir o premio Simone de Beauvoir que lle acababa de ser concedido. Porén, o 19 de marzo de 2008, finalmente fuxiu de novo a Europa logo de ser acusada de blasfemia e ser ameazada con novas fatwas.

O 21 de maio de 2008, recibiu o premio Simone de Beauvoir das mans de Rama Yade, Secretaria de Estado de Dereitos Humanos do goberno francés tras reunirse coa presidenta do grupo feminista francés Ni Putes Ni Soumises Sihem Habchi. O 7 de xullo do mesmo ano foi nomeada cidadá de honra de París e a causa dos seus problemas financeiros buscou a protección na cidade, obtendo unha axuda para o aloxamento.[16]

En febreiro de 2010, atribuíronlle a publicación dun artigo no diario Kannada Daily que causou disturbios e provocaron a morte de dous varóns na India. Ela negou ser a autora da publicación, asegurando que se trataba dunha mala tradución dun artigo publicado en xaneiro de 2007 no semanario Outlook India no que ela contestaba a teses en relación a que o Corán e os hadiths non falaban de que as mulleres debían levar veo. Afirmaba, ademais, que as musulmás "debían queimar os seus burkas".[17]

O 23 de maio de 2013, comprometeuse coa Organización para a Cidadanía Universal (OCU) a favor da libre circulación de persoas no mundo. Recibiu un "pasaporte de cidadanía universal" simbólico na sede da UNESCO en París.[18]

Todas as súas novelas atacan os tabús da sociedade, sobre todo os relixiosos e os sexuais, e os seus artigos denuncian as inxustizas sociais, concretamente as que padecen as mulleres do seu país. Taslima chegou a dicir que "as mulleres do noso país non serán libres mentres a política se basee na relixión".

A experiencia sobre violencia sexual durante a súa adolescencia e o seu traballo como xinecóloga desenvolveron o seu espírito crítico sobre a situación das mulleres nos países musulmáns. Nos seus escritos destaca a loita pola laicidade e a súa filosofía feminista.

Está influenciada por Virginia Woolf, Simone de Beauvoir e Rokeya Sakhawat Hussain. Tamén polo poeta Humayun Azad.

O 30 de abril de 2010, nunha entrevista publica en Le Figaro Madame, expuxo tres ideas claves:[19]

  • Reprocha aos fundamentalistas a súa misoxinia e o seu odio á liberdade de expresión. O integrismo é tamén unha reacción ao avance dos dereitos das mulleres en numerosos países.
  • Considera que os textos relixiosos son opresores cara ás mulleres xa que os dereitos das mulleres, ao igual que os dos homes, son universais. As persoas poden evolucionar, non os dogmas relixiosos xa que estes textos se apoian en textos sagrados que deben cumprir a palabra de Deus.
  • O conflito ideolóxico non é entre o cristianismo e o islam senón entre o fundamentalismo e a laicidade, entre as crenzas irracionais, cegas, escurantistas e a razón.

Vida persoal

editar

Durante a súa etapa de autoexilio en Suecia, en 1995 casou en segredo con outro exiliado do seu país, o poeta Daude Haider. Previamente estivera casada dúas veces, a primeira en 1982 co poeta Rudra Mohammade Shahidullah, que se suicidou, e a segunda co xornalista Naymul Islam Khan do que se divorciou en 1991. Ese mesmo ano casou con Minar Mahmood, director do desaparecido semanario Bichinta, do que se divorciou en 1992.[20]

Premios e recoñecementos

editar

Nasrin recibiu múltiples premios en recoñecemento ao seu compromiso incondicional na loita pola liberdade de expresión. Algúns deles foron:

  • Premio literario Ananda, India, 1992
  • Premio Natyasava, Bangladesh, 1992
  • Premio Sakharov, Parlamento Europeo, 1994
  • Premio polos Dereitos Humanos do goberno de Francia, 1994
  • Premio Edicto de Nantes, Francia, 1994
  • Premio Kurt Tucholsky, Suecia, 1994
  • Hellman-Hammett Grant de Human Rights Watch, Estados Unidos, 1994
  • Premio humanista do Human-Etisk Forbund, Noruega, 1994
  • Feminista do ano por Feminist Majority Foundation,[21] Estados Unidos, 1994
  • Doutora honoraria da Universidade de Gante, Bélxica, 1995
  • Título pola Academia alemá de intercambio, Alemaña, 1995
  • Premio Monismanien da Universidade de Uppsala, Suecia, 1995
  • Premio á distinción humanista por International Humanist ande Ethical Union, Reino Unido, 1996
  • Laurea Humanista por Center for Inquiry|International Academy for Humanism, EUA, 1996
  • Premio literario Ananda, India, 2000
  • Líder global do maña polo Foro Económico Mundial, 2000
  • Premio Erwin Fischer de International League of non-religious ande atheists (IBKA),[22] Alemaña, 2002
  • Premio heroína librepensadora de Freedom From Religion Foundation, Estados Unidos, 2002
  • Recoñecemento da Carr Centre for Human Rights Policy, John F. Kennedy School of Government, Harvarde University, Estados Unidos, 2003
  • Premio Madanjeet Singh Unesco pola promoción da tolerancia e a non-violencia,[23] 2004
  • Doutora Honoraria de American University of Paris, 2005[24]
  • Grande Prix International Condorcet-Aron, 2005[25]
  • Premio literario Sharatchandra, India, 2006
  • Cidadá honoraria de París, Francia, 2008
  • Premio Simone de Beauvoir, Francia, 2008
  • Título pola Universidade de Nova York, Estados Unidos de América, 2009
  • Woodrow Wilson Fellowship, EUA, 2009
  • Premio á feminista do ano, Estados Unidos de América, 2009
  1. "Taslima Nasreen's India resident permit expires, Centre yet to take call". 
  2. Bagchi, Suvojit (21 de marzo de 2015). "'Don't call me Muslim, I am an atheist'". The Hindu. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  3. "Why are Hindus trying to prove that they can become ISIS-like extremists: Taslima Nasreen". 14 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2017. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  4. "Taslima Nasrin's Life in Exile". 25 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  5. "I am a Bengali writer, I need to live in Bengal" Open the Magazine, 1 de xuño de 2011
  6. "Taslima Nasreen's long-term visa extended by just 2 months". The Times of India. 
  7. "Exiled Bangladeshi author Taslima Nasrin opens up on her Delhi connect". Hindustan Times. 29 de outubro de 2016. 
  8. "Indian liberals want to support everything Muslim, but that’s not the way to equal rights". 
  9. "Deepika Padukone's hearty laughter at her wedding has shattered an age-old culture:Taslima Nasreen". 22 de novembro de 2018. 
  10. "HUMAN RIGHTS: Taslima Nasreen Vows to Continue Her Campaign - Inter Press Service". ipsnews.net. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  11. Ghosh, Subhajyoti. "Why Taslima Nasreen wants to return to Bangladesh". BBC News. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  12. "My Youth, Autobiography - Volume II". Taslima Nasrin. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2008. Consultado o 12 de abril de 2014. 
  13. "La clandestinidad de la escritora bengalí Taslima Nasrin impide la publicación de su novela". El País (en castelán). 8 de xullo de 1994. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  14. Dazibao-Ñ- (24 de outubro de 2011). "Taslima Nasreen: ”Las musulmanas tienen derecho a tener sexo con 72 varóns vírgenes”". La Gaceta (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  15. "Premio Sakharov". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  16. 16,0 16,1 "Taslima Nasreen bientôt parisienne". Libération.fr (en francés). Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  17. Bobin, Frédéric. "Taslima Nasreen, a recluse". Le Monde.fr (en francés). ISSN 1950-6244. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  18. "Actes du 23 mai". www.o-c-u.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  19. "Dialogue contre l'intégrisme". Le Figaro Madame (en francés). 30 de abril de 2010. 
  20. "La boda secreta de Taslima Narsin". El País (en castelán). 3 de xuño de 1995. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  21. Eleanor Smeal Announces 1994 Feminist of the Year Awards
  22. Festivity of the Erwin Fischer Award 2002 to Ms. Taslima Nasrin
  23. Taslima Nasrin, winner of the 2004 UNESCO-Madanjeet Singh Prize for the promotion of tolerance and non-violence
  24. Banerjee, Sudeshna (30 de abril de 2005). "Bitter, Taslima stays afloat". The Telegraph (Kolkata) (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2009. 
  25. "Le Groupe Femmes, Politique et Démocratie reçoit le prestigieux 'Prix Condorcet-Aron' du Centre de recherche et d’étude politique de Belgique". 22 de setembro de 2005. Consultado o 1 de xuño de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar