Premio Sakharov

O Premio Sakharov para a Liberdade de Pensamento, máis coñecido sinxelamente como Premio Sakharov, honra a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e a liberdade de pensamento.[1] Nomeado en homenaxe do científico e disidente soviético Andrei Sakharov, foi estabelecido en 1988 polo Parlamento Europeo.[1] Cada ano, a Comisión de Asuntos Exteriores e a Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo elaboran unha lista de candidatos. Os eurodeputados que conforman esas comisións elaboran unha lista de preseleccionados en setembro.[2] Despois diso, a elección final outórgaselle á Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo (Presidente e líderes dos grupos políticos) e o nome do galardoado anúnciase a finais de outubro. O premio é entregado nunha cerimonia no hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo en decembro.[3][4] O galardón inclúe un premio en metálico de 50 000 euros.[3]

A cerimonia de entrega do premio de 1990, outorgado a Aung San Suu Kyi, dentro do hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo no ano 2013.

O primeiro premio foi entregado de forma conxunta ó surafricano Nelson Mandela e ó ruso Anatoly Marchenko. O galardón de 1990 foille concedido a Aung San Suu Kyi, mais non puido recollelo até o ano 2013 por mor do seu encarceramento político en Myanmar.[5] O premio tamén lle foi entregado a organizacións, sendo a primeira as Nais de Praza de Maio arxentinas no ano 1992. Cinco dos galardoados co Sakharov foron posteriormente premiados co Premio Nobel da Paz: Nelson Mandela, Aung San Suu Kyi, Malala Yousafzai, Denis Mukwege e Nadia Murad.[6]

Razan Zaitouneh (2011) foi secuestrada en 2013 e aínda segue desaparecida.[7] Nasrin Sotoudeh (2012) foi liberada da cadea en setembro de 2013,[8] mais aínda ten prohibido abandonar Irán, igual que o seu compañeiro galardoado en 2012 Jafar Panahi.[9] O premio de 2017 foille concedido á Oposición de Venezuela, co boicot de Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.[10][11]

Por mor das medidas de control sanitario motivadas pola pandemia de COVID-19, numerosos eventos relacionados cos Premios Sakharov foron pospostos no ano 2020, incluíndo o Sakharov Fellowship, One World in Brussels e o European Youth Event.[12]

GalardoadosEditar

Ano Imaxe Galardoado Nacionalidade Notas Referencia
1988   Nelson Mandela   Suráfrica Activista anti-apartheid, posteriormente presidente de Suráfrica. [13]
-
Anatoly Marchenko (póstumo)   Unión Soviética Disidente, autor e activista soviético polos dereitos humanos. [13]
1989   Alexander Dubček   Checoslovaquia Político eslocavo e impulsor da Primavera de Praga. [13]
1990   Aung San Suu Kyi   Myanmar Política opositora e antiga secretaria xeral da Liga Nacional para a Democracia. [14]
1991
-
Adem Demaçi   Kosovo Político kosovar e prisioneiro político. [13]
1992   Nais de Praza de Maio   Arxentina Asociación de nais arxentinas cuxos fillos desapareceron durante a Guerra Sucia. [14]
1993   Oslobođenje   Bosnia e Hercegovina Xornal que defende Bosnia e Hercegovina como un estado multiétnico. [14]
1994   Taslima Nasrin   Bangladesh Doutora e autora feminista. [14]
1995   Leyla Zana   Turquía Escritora e política kurda encarcerada durante 15 anos por ser membro do PKK. [13]
1996   Wei Jingsheng   China Activista do movemento democrático da China. [14]
1997   Salima Ghezali   Alxeria Xornalista, escritora e activista polos dereitos da muller e a democracia en Alxeria. [14]
1998   Ibrahim Rugova   Kosovo Político e primeiro Presidente de Kosovo. [13]
1999   Xanana Gusmão   Timor Leste Antigo militante e o primeiro presidente de Timor Leste. [15]
2000
-
¡Basta Ya!   España Organización que uniu a individuos de diversas posicións políticas contra o terrorismo. [16]
2001   Nurit Peled-Elhanan   Israel Activista pola paz. [13]
-
Izzat Ghazzawi   Palestina Profesor e escritor palestino.
  Zacarias Kamwenho   Angola Arcebispo e activista pola paz.
2002
-
Oswaldo Payá   Cuba Activista político e disidente. [17]
2003   Kofi Annan   Ghana Premio Nobel da Paz e sétimo secretario xeral das Nacións Unidas. [13]
  Nacións Unidas (Internacional)
2004
-
Asociación Belarusa de Xornalistas   Belarús Organización non gobernamental que quere "garantir a liberdade de expresión e os dereitos de recibir e distribuir información e promover estándares profesionais de xornalismo". [18]
2005   Damas de Branco   Cuba Movemento de oposición, familiares de disidentes encarcerados. [19]
  Reporteiros Sen Fronteiras (Internacional) Organización non gobernamental que loita pola liberdade de prensa. [19]
  Hauwa Ibrahim   Nixeria Avogada polos dereitos humanos. [19]
2006   Alaksandar Milinkievič   Belarús Político escollido polas Forzas Democráticas Unidas de Belarús como candidato conxunto da oposición nas eleccións presidenciais de 2006. [20]
2007   Salih Mahmoud Osman   Sudán Activista defensor dos dereitos humanos. [14]
2008   Hu Jia   China Activista e disidente político. [21]
2009   Memorial   Rusia Sociedade histórica a prol dos dereitos civís. [22]
2010   Guillermo Fariñas   Cuba Doutor, xornalista e disidente político. [23]
2011[a]   Asmaa Mahfouz   Exipto Cinco representantes do pobo árabe, en recoñecemento do seu apoio á liberdade e ós dereitos humanos. [24]
  Ahmed al-Senussi   Libia
  Razan Zaitouneh   Siria
  Ali Farzat
-
Mohamed Bouazizi (póstumo)   Tunisia
2012   Jafar Panahi   Irán Activistas iranianos, Sotoudeh é unha avogada e Panahi é director de cinema. [25][26]
  Nasrin Sotoudeh
2013   Malala Yousafzai   Paquistán Activista dos dereitos civís das mulleres e da educación. [27]
2014   Denis Mukwege   R.D. do Congo Xinecólogo que trata as vítimas de violación en grupo. [28]
2015   Raif Badawi   Arabia Saudita Escritor e activista saudita, e o creador da páxina web Free Saudi Liberals. [29][b]
2016   Nadia Murad   Iraq Refuxiadas iézidis perseguidas polo Estado Islámico. [30]
  Lamiya Aji Bashar
2017   Oposición de Venezuela   Venezuela Os membros da Asemblea Nacional do país (Juan Requesens, Julio Borges e outros) e tódolos prisioneiros políticos segundo o Foro Penal Venezolano representados por Leopoldo López, Antonio Ledezma, Daniel Ceballos, Yon Goicoechea, Lorent Saleh, Alfredo Ramos e Andrea González. [31]
2018   Oleg Sentsov   Ucraína Director de cinema, símbolo da loita pola liberación dos presos políticos detidos en Rusia e en todo o mundo. [32]
2019   Ilham Tohti   China Economista, estudoso e activista polos dereitos humanos uigur. [33]
2020   Oposición de Belarús   Belarús Consello de Coordinación de Belarús, iniciativa de mulleres valentes e personaxes políticos e da sociedade civil. [34][c]

NotasEditar

  1. Os galardoados foron defensores da Primavera árabe
  2. Badawi fundou e dirixiu dous foros en liña sobre debates de relixión e política no seu país conservador, Saudi Liberals e Free Saudi Liberals
  3. Un deles é Sviatlana Tsikhanouskaya, a activista dos dereitos humanos e política que participou nas eleccións presidenciais de Belarús de 2020 como principal candidata da oposición.

ReferenciasEditar

  1. 1,0 1,1 "1986: Sakharov comes in from the cold". BBC News. 23 de decembro de 1986. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  2. "Sakharov Prize 2018: three finalists selected", News—European Parliament, 10 de setembro 2018
  3. 3,0 3,1 "Sakharov Prize". Parlamento Europeo. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  4. "Sakharov Prize 2018: three finalists selected", News—European Parliament, 10 de setembro de 2018.
  5. Cook, Annabel (22 de outubro de 2013). "Aung San Suu Kyi collects Sakharov prize 23 years on". Financial Times. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  6. Boshnaq, Mona; Chan, Sewell; Dremeaux, Lillie; Karasz, Palko; Kruhly, Madeleine. "Nobel Peace Prize Winners Throughout History". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  7. "Razan Zaitouneh". European Parliament. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  8. "Nasrin Sotoudeh". European Parliament. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  9. "Jafar Panahi". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  10. Schreuer, Milan (26 de outubro de 2017). "Venezuelan Opposition Receives E.U.’s Sakharov Freedom Prize". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  11. "Left to boycott politicised Sakharov Prize ceremony - GUE/NGL - Another Europe is possible". www.guengl.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  12. "Sakharov Prize Community Newsletter No. 3" (PDF). European Parliament. 2020. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 13,7 European Parliament, ed. (28 de outubro de 2008). "20 years of the Sakharov Prize: Human rights and reconciliation". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 Reporteiros Sen Fronteiras, ed. (15 de maio de 2009). "Sakharov Network calls for immediate release of Aung San Suu Kyi, Sakharov Prize laureate 1990". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2010. 
  15. BBC News, ed. (15 de decembro de 1999). "Gusmão receives EU Sakharov prize". Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  16. "Basque group wins peace prize". BBC News. 26 de outubro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2007. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  17. BBC News, ed. (17 de decembro de 2002). "Cuban dissident collects EU prize". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2004. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  18. European Parliament, ed. (9 de novembro de 2004). "The Belarusian Association of Journalists - 2004, Belarus". Consultado o 18 de febreiro de 2015. 
  19. 19,0 19,1 19,2 Gibbs, Stephen (14 de decembro de 2005). BBC News, ed. "Cuba 'bars women from prize trip'". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2006. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  20. BBC News, ed. (26 de outubro de 2006). "Belarussian takes EU rights award". Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  21. BBC News, ed. (17 de decembro de 2008). "China dissident wins rights prize". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  22. BBC News, ed. (22 de outubro de 2009). "Russia rights group wins EU prize". Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  23. BBC News, ed. (21 de outubro de 2010). "Cuba dissident Farinas awarded Sakharov Prize by EU". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  24. European Parliament (ed.). "Sakharov Prize for Freedom of Thought 2011". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2011. 
  25. Dehghan, Saeed Kamali (26 de outubro de 2012). The Guardian, ed. "Nasrin Sotoudeh and director Jafar Panahi share top human rights prize". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 26 de outubro de 2012. 
  26. European Parliament (ed.). "Nasrin Sotoudeh and Jafar Panahi – winners of the 2012 Sakharov Prize" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de decembro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2012. 
  27. Jordan, Carol (10 de outubro de 2013). CNN, ed. "Malala wins Sakharov Prize for freedom of thought". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2013. 
  28. BBC News, ed. (21 de outubro de 2014). "DR Congo doctor Denis Mukwege wins Sakharov prize". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  29. The Guardian (ed.). "Raif Badawi wins Sakharov human rights prize". Bruxelas. Associated Press in. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  30. BBC News, ed. (27 de outubro de 2016). "Sakharov prize: Yazidi women win EU freedom prize". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  31. Parlamento Europeo, ed. (26 de outubro de 2017). "Parliament awards Sakharov Prize 2017 to Democratic Opposition in Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  32. Parlamento Europeo (ed.). "Sakharov Prize 2018 goes to Oleg Sentsov". Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  33. "Ilham Tohti awarded the 2019 Sakharov Prize". European Parliament. 24 de outubro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  34. "The 2020 Sakharov Prize awarded to the democratic opposition in Belarus". europarl.europa.eu. 22 de outubro de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar