Abrir o menú principal

Talal I bin Abdullah, Rei de Xordania (en árabe: طلال بن عبد الله, Ṭalāl ibn `Abd Allāh) nado o 26 de febreiro de 1909 na cidade da Meca, Arabia Saudita, e finado o 7 de xullo de 1972 en Istambul, Turquía, foi rei de Xordania desde o 20 de xullo de 1951 até verse forzado a abdicar por razóns de saúde o 11 de agosto de 1952 (os británicos afirmaron de que sufría esquizofrenia[1]).

Talal I de Xordania
Talal of Jordan.jpg
Rei de Xordania
20 de xullo de 1951
11 de agosto de 1952
PredecesorAbdullah I
SucesorHussein I

Nacemento26 de febreiro de 1909
A Meca, Arabia Saudita
Falecemento7 de xullo de 1972
(63 anos)
Istambul, Turquía
Cónxuxe/sZein bint Jamil 'Ali,
Xerifa da Meca
(1934 - 1972)
DescendenciaHussein bin Al Abdullah
Iman bin Al Abdullah
Salma bin Al Abdullah
Hashem bin Al AbdullahVenceslau I
Casa realHaxemita
ProxenitoresAbdullah I
Musbah bint Nasser,
Xerifa da Meca

VidaEditar

Recibiu formación castrense na Real Academia Militar de Sandhurst do Reino Unido graduándose en 1939. Talal accedeu ao trono de Xordania despois do asasinato do seu pai, o rei Abdullah I en Xerusalén durante a oración do Venres. Seu fillo Hussein, quen acompañaba ao seu avó, tamén estivo a piques de ser asasinado.

Durante o seu breve reinado, Talal promoveu a redacción dunha Constitución liberal para o Reino de Xordania que permitise a formación dun goberno de carácter representativo con ministros responsables de forma individual ante o Parlamento. A Constitución foi ratificada o 1 de xaneiro de 1952. Tamén destacou durante o reinado de Talal a mellora que experimentaron as relacións entre o Reino de Xordania e os veciños Estados árabes de Exipto e Arabia Saudita, previamente tensas.

FamiliaEditar

O 27 de novembro de 1934 Talal casou coa súa prima irmá Zein bint Jamil 'Ali, Xerifa da Meca, coa que tivo catro fillos e dúas fillas:

Liña do tempoEditar

Abdullah II de XordaniaHussein I de JordaniaAbd Allah ibn HusaynAbd Allah ibn Husayn 

NotasEditar