Tabulé

ensalada típica de Oriente Próximo

O tabulé (do árabe: طبولة tabboulah), é unha ensalada típica de Oriente Próximo (Siria e Líbano), elaborada principalmente con bulgur ou sémola de trigo e hortalizas, e adubada con aceite de oliva, zume de limón e diversas herbas aromáticas, como pirixel e menta[1]. Emprégase coma acompañamento do conxunto de petiscos típicos da zona. Trátase dun prato frío consumido nos calorosos meses do verán en todo o Mundo Árabe.

Tabulé.

Características editar

Os seus ingredientes principais son pirixel finamente picado, bulgur, aceite de oliva, tomate, así como leituga e outras herbas aromáticas e servido con zume de limón como adubo. Nalgunhas gastronomías do Medio Oriente adóitase empregar follas de leituga para servir.[2]

En amplas zonas do Magreb prepárase de forma semellante, substituíndo o bulgur por cuscús.

Notas editar

  1. Definición en nome galego en Dicionario de alimentación e restauración. Fonte VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Terry Carter, et al., Syria and Lebanon, Lonely Planet, 2004