Tánatos
Na mitoloxía grega, Tánatos (en grego Θάνατος Thánatos, «morte») era a personificación da morte non violenta. O seu toque era suave, como o do seu irmán xemelgo Hipnos, o soño. A morte violenta era o dominio das súas irmás, amantes do sangue, as Keres, asiduas ao campo de batalla. O seu equivalente na mitoloxía romana era Mors.
Tánatos | |
---|---|
![]() | |
Tipo | divindade grega e deidade da morte ![]() |
Venerado por | relixión da Grecia Antiga ![]() |
Patrón de | morte ![]() |
Semellante a
| |
Obra | |
Presente na obra
| |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Familia | |
Nai | Nicte ![]() |
Pai | Erebo ![]() |
Parella | Macária (pt) ![]() ![]() |
Fillo/a | Lyncus (en) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

Era unha criatura dunha escuridade aglaiante. Homero e Hesíodo facíano fillo de Nix, a noite, e xemelgo de Hipnos, insinuando que ambos os irmáns discutían cada noite quen levaría a cada home. Desempeña un papel pequeno nos mitos, pois quedou ensombrecido por Hades, o señor dos mortos.
Na arte, Tánatos representábase como un home novo con barba levando unha bolboreta, unha coroa ou un facho investido nas súas mans. Ás veces ten dúas ás e unha espada suxeita ao seu cinto.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tánatos |