Unha táctica é unha acción teórica ou serie curta de accións dirixidas a acadar un obxectivo a curto prazo. Esta acción pódese levar a cabo en forma dunha ou varias tarefas específicas. O termo utilízase a miúdo en contextos individuais ou sociais, de organizacións de todo tipo, como empresariais, de protesta, militares, de espionaxe e de aplicación da lei; tamén en xadrez, deportes ou outras actividades competitivas en xeral.[1]

Etimoloxía

editar

A palabra táctica deriva do adxectivo grego antigo τακτικός, que significa relativo á disposición ou habilidoso na disposición. O nome grego antigo relacionado é τάγμα (tagma), que significa orde.[2] Ambas palabras pódense remontar ao verbo "τάσσω" (tasso; tassein), que significa "aliñar", "parar", "seleccionar" ou "organizar".[3] A palabra táctica (pór en orde as cousas para cumprir un obxectivo) vén do grego τακτικός (taktikos), composta coa raíz do verbo τάσσειν (tassein = ordenar) e o sufixo -tico (relativo a), que deu palabras como erótica, matemática ou práctica. O verbo τάσσειν (tassein) asóciase coa raíz indoeuropea tag-2 (pór en orde).[4]

Diferenza coa estratexia

editar

Unha estratexia é un plan con pautas para acadar un obxectivo xeral, mentres que unha táctica é un conxunto de accións específicas dirixidas a seguir esas pautas.[5]

Exemplo

editar

A táctica na planificación lingüística en Galiza busca promover o uso do galego mediante accións específicas como programas educativos ou campañas de sensibilización. Mentres que a estratexia responde a un obxectivo maior, preservar a lingua galega como ben patrimonial e cultural, e establece os obxectivos a longo prazo para a normalización lingüística, a táctica refírese ás accións concretas para acadalos. Por exemplo a posta en marcha do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega sería unha desas tácticas. Se en cambio consideramos o Plan Xeral como unha estratexia en si, tería accións tácticas concretas como contratacións, campañas para fomentar o uso do galego etc.[6]

Uso militar

editar

No uso militar, a táctica militar é un procedemento utilizado por unha unidade militar non maior a unha división, que serve para levar a cabo unha misión específica e acadar un obxectivo determinado, ou para asegurar o avance cara a un obxectivo concreto.[Cómpre referencia] Os termos "táctica militar" e "estratexia militar" adoitan confundirse: táctica refírese aos medios específicos utilizados para acadar un obxectivo, mentres que estratexia é o plan xeral de campaña, que pode incluír patróns complexos de operacións, actividades e procesos de toma de decisións que guían a execución táctica.[7]

  1. Wragg, David (1973). A Dictionary of Aviation. p. 259. ISBN 9780850451634. 
  2. "definición de τάγμα". logeion.uchicago.edu; ΛΟΓΕΙΟΝ; dicionario grego antigo/inglés. Consultado o 2024-06-25. 
  3. "tactic". www.etymonline.com. Consultado o 2024-06-25. 
  4. "TÁCTICA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-06-25. 
  5. "The difference between strategy and tactics". web-strategist (en inglés). 
  6. Galega, Consello da Cultura. "Asistencia técnica para a execución do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2024-06-25. 
  7. Dictionary of Military Terms Arquivado 11 de febreiro de 2005 en Wayback Machine. Copy on the Joint Chiefs of Staff site Arquivado 03 de abril de 2018 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar