Surtsey (Islandés: "Illa de Surtur") é unha illa volcánica da costa sur de Islandia, que constitúe o punto máis meridional do país. Formouse nunha erupción volcánica de orixe submarina que se prolongou entre 1963 e 1967.

Modelo:Xeografía físicaSurtsey
(en) Surtsey Nature Reserve Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla
espazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
EpónimoSurtr Editar o valor en Wikidata
Parte deVestmannaeyjar Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaVestmannaeyjar Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVestmannaeyjar, Islandia Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 63°18′14″N 20°36′17″O / 63.304026, -20.604714
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude155 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño1,4 (ancho) × 1,7 (lonxitude) km
Superficie1,41 km² Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data2008 (32ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) Editar o valor en Wikidata
Identificador1267
Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 1553 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación14 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata

Páxina websurtsey.is Editar o valor en Wikidata

A illa de Surtsey tomou o seu nome do deus do lume Surtr da Mitoloxía nórdica, e foi intensamente estudada por volcanólogos durante a súa creación. Dende a erupción, a illa converteuse nunha interesante zona de estudo para os botánicos e biólogos ao comezares a súa colonización por parte vexetación e outras especies animais. Deste xeito, foi declarada reserva natural en 1965, o goberno islandés prohibiu o acceso á illa polo seu interese científico. En 2008 foi recoñecida como patrimonio da humanidade pola Unesco.[1]

Xeoloxía

editar

A comezos do mes de novembro de 1963 comezou a erupción a 130 metros por debaixo do nivel do mar, chegando á superficie o 14 de novembro. A erupción volcánica rematou o 5 de xuño de 1967, cando a illa chegou á súa máxima superficie, 2,7 km².[2] Dende aquela, o vento e a erosión mariña diminuíron a superficie da illa sendo no 2002 de 1,4 km²[3] e en 2019, a extensión da illa ocupaba 1,2 km². Segundo as previsións, a illa ficará reducida a uns cons e farallóns en cen anos.[4]

A dorsal que deu lugar á illa forma parte do sistema volcánico submarino das Vestmannaeyjar (Illas Westmann), as cales pertencen a unha fenda da dorsal mesoatlántica. Vestmannaeyjar tamén deu lugar á famosa erupción do Eldfell na illa Heimaey en 1973. A erupción que creou Surtsey tamén deu orixe a un conxunto de pequenas illas na chaira volcánica, como Jólnir e outros farallóns sen nome. A maioría destas pequenas illas e farallóns están a desaparecer pola erosión mariña.

Flora e fauna

editar

O nacemento da illa permitiu observar a difusión da vida animal e vexetal nela. Xa en 1964 documentouse a chegada de mofos, bacterias e fungos, así como sementes levadas polo mar. En 1965 rexistrouse a primeira planta vascular, un exemplar de Cakile arctica. Ademais testemuñouse que bragadas de peixe como a raia (Raja batis) e que as feces de ave foron vectores de vida vexetal en Surtsey. En 1998 agromou a primeiro árbore da illa, un salgueiro (Salix phylicifolia). En 2008 existían 69 especies de plantas das que 30 son permanentes en Surtsey, calcúlase que o 9% delas foron carreadas polo vento, o 27% polo mar e o 64% polas aves e que cada ano chegan entre dúas e cinco novas especies á illa.[5]

Considérase que os primeiros insectos chegaron á illa voando por eles mesmos dende Islandia, as illas Vestmannaeyjar ou dende Europa e están documentados dende maio de 1964. Tamén se considera que algunhas especies chegaron en madeira flotante. A primeira miñoca foi rexistrada en 1993 e a primeira lesma en 1998. En 2002 os invertebrados máis numerosos eran dos grupos dos dípteros, ácaros, himenópteros e colémbolos.[6]

As primeiras aves rexistradas na illa foron araos de á branca e fulmares a principios da década de 1970. As colonias de gaivotas están asentadas dende 1984 e as de araos papagaios en 2004.[7]

  1. "World Heritage Outlook: Surtsey". worldheritageoutlook.iucn.org. Consultado o 2023-06-25. 
  2. "Surtsey, Iceland". volcano.oregonstate.edu. Consultado o 2023-06-25. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007. 
  4. Óskarsson, Birgir Vilhelm; Jónasson, Kristján; Valsson, Gudmundur; Belart, Joaquín (2020). "Erosion and sedimentation in Surtsey island quantified from new DEMs" (PDF). Surtsey Research (14): 63–77. 
  5. Mancuso, Stefano (2023). A incriible viaxe das plantas. Rinoceronte. pp. 16–20. ISBN 978-84-17388-94-2. 
  6. "Skordýr". Surtsey Research Society (en inglés). Consultado o 2023-06-28. 
  7. "Fuglar". Surtsey Research Society (en inglés). Consultado o 2023-06-27. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar