Superliga Española de Hóckey Xeo

A Superliga Española de Hóckey Xeo ou LEH é a máxima categoría do hóckey sobre xeo do estado español. Está regulada pola Federación Española de Deportes de Xeo dende a súa formación en 2006. Anteriormente dependía da Federación Española de Deportes de Inverno.

Superliga
Fundación2008
RexiónEspaña España
Equipos6
Actual campiónGasteiz CD Hielo Bipolo (2º título)
Máis laureadoJaca CH Jaca (11 títulos)
Sitio webSuperliga
Hockey current event.svg Superliga 2012-2013

TraxectoriaEditar

A pesar de que o primeiro partido de hóckey xeo dun equipo español tivo en lugar en Decembro de 1923, non foi ata 1973 cando se instaurou un campionato nacional. Os seis equipos que participaron nesa primeira edición foron: Real Sociedad, FC Barcelona, CH Jaca, CH Valladolid, CG Puigcerdà e CH Madrid.

Os primeiros anos os equipos estaban formados na súa totalidade por xogadores nacionais por petición da Real Sociedad, que quería fomentar este deporte no canto de contratar a profesionais foráneos.

A partir da tempada 1978-79, o campión de España foi convidado a participar na Copa de Europa de Hóckey Xeo. O campionato sénior foi suspendido de 1986 a 1988 debido ás dificultades financeiras dos clubs, que viron como os seus patrocinadores deixaban de achegar cartos.

Porén, na actualidade os problemas están emendados e os equipos contan con xogadores e adestradores estranxeiros que aportan experiencia ao campionato.

FormatoEditar

Cada equipo enfróntase ao resto dúas veces ao longo do campionato, unha vez na casa e outra a domicilio. A tempada 2007-08 comezou con 7 equipos, xogándose tres partidos en cada xornada e quedando un equipo sen xogar. A partir da Xornada 3 engadiuse ao club vascofrancés Anglet Hormadi, que xogaría contra o equipo que nun principio descansaba en cada xornada. O venres 14 de decembro de 2007 retirouse o HCG Val d'Aran Vielha e o día 15 o CH Jaca, malia o éxito colleitado na tempada. Ámbolos dous clubs tiveron dificultades económicas e se encontraban sen pista, patrocinadores nin fondos para os desprazamentos. O Aramón CH Jaca reincorporouse ao campionato na tempada 2008-09 con patrocinadores e presuposto renovados.

Dende a tempada 1994-95, trala liga regular dispútanse os playoffs, xogando o 1º clasificado co 8º, o 2º co 7º, o 3º co 6º e o 4º co 5º. Os partidos de cuartos de final xóganse ao mellor de 3 partidos, xogando o equipo mellor clasificado primeiro como visitante e o segundo e terceiro partido (en caso de ser necesario) como local.

As semifinais dispútanse ao mellor de 5 partidos, xogando os equipos mellor clasificados os dous primeiros partidos como locais, o terceiro e o cuarto (en caso de ser necesario) como visitantes, e o quinto de novo como locais. A final xógase ao mellor de 5, seguindo o mesmo sistema que nas semifinais, e o vencedor participa na Copa Continental Europea da IIHF. En caso de renunciar, o subcampión podería obtar a xogar a competición europea.

O formato que se deseñou para os playoff, trala retirada da competición do HCG Val d'Aran Vielha e do CH Jaca, é o seguinte: o primeiro e segundo clasificados na liga regular pasan directamente ás semifinais, mentres que o terceiro e cuarto clasificado disputan 2 partidos, un na casa e outro a domicilio, contra o sexto e o quinto clasificados respectivamente. Os dous equipos gañadores da primeira rolda pasan á semifinal, que xogarán contra o primeiro e segundo, e seguidamente chegan á final. En 2008 o Jaca regresou á competición e mantense o mesmo sistema, quedando o sétimo equipo eliminado do playoff.

ClubsEditar

Clubs participantes na tempada 2016-2017Editar

Equipo Localidade Estadio Capacidade
Barcelona Barcelona Pista de Gel 1,256
Boadilla Boadilla Invernia Valdemoro 800
Jaca Jaca Pabellón de Hielo 1,900
Majadahonda Majadahonda Palacio del Hielo 350
Milenio Logroño Lobete 500
Puigcerdà Puigcerdà Pista de Gel 1,456
Txuri Urdin San Sebastián Palacio del Hielo 650

Clubs participantes en anteriores ediciónsEditar

  1. Non chegou a participar no campionato.

PalmarésEditar

A seguinte táboa amosa o resultado final de tódalas edicións disputadas:[1]

Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
2013-14   CD Hielo Bipolo 3 - 1   CG Puigcerdà -   CD Hielo Bipolo
2012-13   CD Hielo Bipolo 3 - 0   CG Puigcerdà -   CD Hielo Bipolo
2011-12   CH Jaca 3 - 1   CG Puigcerdà -   CH Jaca
2010-11   CH Jaca 2 - 0   FC Barcelona -   CH Jaca
2009-10   CH Jaca 3 - 1   CG Puigcerdà -   CG Puigcerdà
2008-09   FC Barcelona 2 - 0   CG Puigcerdà -   FC Barcelona
2007-08   CG Puigcerdà 2 - 0   Anglet Hormadi -   CG Puigcerdà
2006-07   CG Puigcerdà 2 - 0   CH Jaca -   CG Puigcerdà
2005-06   CG Puigcerdà 2 - 0   CH Jaca -   CH Jaca
2004-05   CH Jaca 3 - 0   CH Txuri-Urdin -   CH Jaca
2003-04   CH Jaca 3 - 0   CG Puigcerdà -   CH Jaca
2002-03   CH Jaca 3 - 0   FC Barcelona -   CH Jaca
2001-02   FC Barcelona 3 - 2   CH Jaca -   CH Jaca
2000-01   CH Jaca 3 - 1   CG Puigcerdà -   CH Jaca
1999-00   CH Txuri-Urdin 2 - 1   CH Jaca -   CH Jaca
1998-99   CH Txuri-Urdin 2 - 0   CG Puigcerdà -   FC Barcelona
1997-98   Majadahonda HC 2 - 0   CG Puigcerdà -   CH Jaca
1996-97   FC Barcelona 2 - 1   CH Jaca -   CH Jaca
1995-96   CH Jaca 2 - 0   FC Barcelona -   CH Txuri-Urdin
1994-95   CH Txuri-Urdin 1 - 0   CH Jaca -   CH Txuri-Urdin

Antes da tempada 1994-95 no existían as eliminatorias finais polo título, salvo por unha tempada de xeito excepcional, a 1985-86, así que o campión era o primeiro da táboa tralo remate da liga regular.

Tempada Primeiro Segundo
1993-94   CH Jaca -   CH Txuri-Urdin
1992-93   CH Txuri-Urdin -   CH Jaca
1991-92   CH Txuri-Urdin -   CH Jaca
1990-91   CH Jaca -   CH Txuri-Urdin
1989-90   CH Txuri-Urdin -   CH Jaca
1988-89   CG Puigcerdà -   CH Jaca

Nas tempadas 1986-87 e 1987-88 só houbo campionato en categorías sub-20 e sub-21, pero a Federación Española de Deportes de Xeo recoñece ámbolos dous campionatos como oficiais e como valedeiros para o palmarés xeral da liga española de hockey sobre xeo:

Tempada Primeiro Segundo
1987-88   FC Barcelona Sub-21   CH Txuri-Urdin
1986-87   FC Barcelona Sub-20   CG Puigcerdà
Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
1985-86   CG Puigcerdà 1 - 0   CH Jaca -   CG Puigcerdà
Tempada Primeiro Segundo
1984-85   CH Txuri-Urdin -   CH Jaca
1983-84   CH Jaca -   CG Puigcerdà
1982-83   Vizcaya Bilbao -   CH Jaca
1981-82   Vizcaya Bilbao -   FC Barcelona
1980-81   Casco Viejo Bilbao -   FC Barcelona
1979-80   CH Txuri-Urdin -   Casco Viejo Bilbao
1978-79   Casco Viejo Bilbao -   CH Txuri-Urdin
1977-78   Casco Viejo Bilbao -   FC Barcelona
1976-77   Casco Viejo Bilbao -   FC Barcelona
1975-76   CH Txuri-Urdin -   FC Barcelona
1974-75   Real Sociedad SS -   FC Barcelona
1973-74   Real Sociedad SS - ?
1972-73   Real Sociedad SS -   CH Madrid

Por clubEditar

NºTítulos Equipo Campionatos
11   CH Jaca 1983-84, 1990-91, 1993-94, 1995-96, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2009-10, 2010-11, 2011-12
9   CH Txuri-Urdin 1975-76, 1979-80, 1984-85, 1989-90, 1991-92, 1992-93, 1994-95, 1998-99, 1999-00
6   Casco Viejo Bilbao 1976-77, 1977-78, 1978-79, 1980-81, 1981-82, 1982-83
5   CG Puigcerdà 1985-86, 1988-89, 2005-06, 2006-07, 2007-08
5   FC Barcelona 1986-87, 1987-88, 1996-97, 2001-02, 2008-09
3   Real Sociedad S.S. 1972-73, 1973-74, 1974-75
2   CD Hielo Bipolo 2012-13, 2013-14
1   Majadahonda HC 1997-98

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar