A S.A.D. Hielo Majadahonda é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Majadahonda, Madrid (España). Fundouse en 1992 e actualmente compite na Superliga Española de Hóckey Xeo, competición da que se proclamou campión en 1998. Ten a súa sede no Pazo do Xeo no polígono El Carralero da localidade madrileña. As súas cores son o vermello e o negro.

SAD Hielo Majadahonda
Fundación1992
CidadeMajadahonda

Historia editar

A S.A.D. Hielo Majadahonda foi fundada en 1992 como Majadahonda Hockey Club tomando o relevo do CH Boadilla e do CH Madrid. Na tempada 1996-97 xogou por primeira vez na Superliga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo no estado español. Un ano máis tarde conseguía o seu maior éxito ao proclamarse campión. No 2002 o CH Madrid retomou a súa actividade, polo que o Majadahonda non presentou equipo na categoría sénior. Dende o 2004 o Majadahonda HC continúa competindo na máxima categoría do hóckey sobre xeo español, chegando na tempada 2008-09 a superar os cuartos de final no play-off polo título ao Txuri-Urdin donostiarra en tres partidos, gañando o primeiro por 3-2, perdendo o segundo por 5-6 e gañando o definitivo por 4-1, e a xogar por primeira vez en nove anos as semifinais do play-off polo título, onde caeu en dous encontros (6-1 e 8-2) contra o campión da liga regular, o FC Barcelona que finalmente se proclamaría campión de liga contra o CG Puigcerdà.

Actividade do club editar

O club destaca polas actividades de promoción e en competición de hóckey sobre xeo. O Majadahonda aporta regularmente xogadores ás distintas categorías da selección de España. Destacan tamén as actividades para veteráns, afeccionados e iniciación ao hóckey sobre xeo.

Palmarés editar



 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.