O Club Hockey Xeo Txuri Urdin (en galego) ou Txuri Urdin Izotz Hockey Taldea, Txuri Urdin IHT (en éuscaro), é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Donostia, País Vasco. Actualmente compite na Superliga española, a máxima competición española e da que é o equipo máis laureado con 9 títulos. Disputa os seus partidos como local no Txuri Urdin Izotz Jauregia, con capacidade para 1.200 espectadores.

Historia editar

O club foi fundado en 1972. O CH Txuri Urdin foi un dos seis membros fundadores da Superliga Española de Hóckey Xeo, a máxima competición deste deporte no Estado español. Logo da rivalidade veciñal coa Real Sociedad os tres primeiros anos na liga e na copa, o Txuri Urdin sucedeu ao equipo branquiazul en 1976 coma o primeiro equipo en suceder á Real Sociedad. Ese mesmo ano, a sección de hóckey da Real Sociedad disolveuse, polo que o Txuri Urdin pasou a ser o único equipo de hóckey sobre xeo de Primeira División na cidade. O Txuri Urdin gañou en 9 ocasións o título de liga (equipo con máis triunfos) e en seis a copa, o último título de liga chegou o ano 2000, ano no que acadou o dobrete (liga e copa). Ademais, o club gañou a Copa de Euskadi nunha ocasión, en 1993.

A mellor época do equipo vasco foi a década dos '90, cando conquistou 5 títulos de liga, 3 de copa e a única Copa de Euskadi, ademais dos 2 subcampionatos de liga e copa.

Palmarés editar

Participacións na Copa de Europa editar

Tempada Rolda Adversario Resultado(s)
1980-81 1ª Rolda   Mammouth de Tours   2-2 ; 2-10
1985-86 1ª Rolda exento
2ª Rolda   Hockey Club Bolzano   1-5 ; 0-18
1990-91 1ª Rolda   Dragons de Rouen
  Rotterdam
  2-16
  1-21
1992-93 1ª Rolda   Wasps de Durham
  Vålerenga IF
  Steaua Bucarest
  2-9
  1-11
  1-10
1993-94 1ª Rolda   Esbjerg fB Ishockey
  Vålerenga IF
  Nijmegen Emperors
  3-18
  0-15
  2-8
1995-96 Preliminar   Tornado de Luxembourg   5-4 ; 2-2
1ª Rolda   HDD ZM Olimpija
  Tilburg Trappers
  Steelers de Sheffield
  2-17
  1-14
  2-9
1999-00 1ª Rolda   Irbiz Kiev
  Ducs d'Angers
  HC Louvain
  1-16
  1-12
  4-3
2000-01 1ª Rolda   Blue Fox de Herning IK
  Les Léopards de Caen
  Nijmegen Emperors
  0-17
  3-20
  1-11

Balanzo europeo editar

Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza
22 2 2 18 39 258 -219

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar