Casco Viejo Bilbao

O Casco Viejo Bilbao é un antigo club de hóckey sobre xeo vasco. Competiu na Superliga española dende 1975 e decontado se converteu nun dos clubs punteiros da Península.

En 1978 converteuse no primeiro club español en participar na Copa de Europa fronte ao club neerlandés do Heerenveen.

O equipo do Casco Viejo trocou o seu nome en 1981 para adoptar o de Vizcaya Bilbao, feito que non lle impediría continuar nos postos de cabeza do campionato español.

Foi en 1986 cando o club tivo que deixar a súa actividade. A pesar do seu notable éxito, os problemas económicos fixeron que o club tivese que suspender as súas actividades e finalmente desapareceu.

Palmarés editar

Participacións na Copa de Europa editar

Tempada Rolda Adversario Marcador(es)
1978-79 1ª Rolda   Heerenveen Flyers   3-9 ; 2-21
1979-80 1ª Rolda   Les Huskies de Chamonix   4-12 ; 0-8
1981-82 1ª Rolda   Brûleurs de Loups de Grenoble   2-6 ; 1-3
1982-83 1ª Rolda   Brûleurs de Loups de Grenoble   7-2 ; 6-4
2ª Rolda   Heerenveen Flyers   8-11 ; 1-9

Balance nas competicións europeas editar

Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza
10 2 0 8 34 85 -51