Club Hielo Jaca

(Redirección desde «CH Jaca»)

O Club Hielo Jaca, é un equipo español de hóckey sobre xeo da cidade de Jaca, Huesca (Aragón). Actualmente compite na Superliga Española de Hóckey Xeo, a máxima categoría do hóckey sobre xeo do Estado español. Xoga os seus partidos como local no Pavillón de Xeo de Jaca, inaugurado en 2008 e con capacidade para 2.000 espectadores.[1] Ademais do equipo sénior de hóckey, conta cunha sección feminina e categorías inferiores. Tamén posúe un equipo de curling e unha sección de patinaxe artística.

O seu patrocinador é Aramón, polo que o equipo é coñecido como Aramón Club Hielo Jaca ou Aramón Jaca.

Historia editar

O CH Jaca foi fundado en 1972, gañou nove campionatos á co CH Txuri-Urdin. O CH Jaca tamén gañou a Copa do Rei en once ocasións. Gañou tódolos seus títulos dende mediados da década dos '80, os máis recentes foron o título de liga de 2010 e o de copa de 2006. De tódolos equipos españois ten o mellor récord nas competicións europeas. Porén, o progreso, con oito vitorias en 37 partidos segue sendo moi negativo. Durante a IIHF Continental Cup da tempada 2005-06, o equipo aragonés gañou os tres partidos da primeira rolda ante o HK Slawia Sofia de Bulgaria, o Hapoel Amos Lod de Israel e o Polis Akademisi Ankara de Turquía, mais perdeu tódolos partidos da segunda rolda ante o HK Junost Minsk de Belarús, Kaszink-Torpedo Ust-Kamenogorsk de Kasaquistán e o HK Sokol Kiew de Ucraína.

Palmarés editar

Participacións na Copa de Europa editar

Tempada Rolda Adversario Resultado(s)
1984-85 1ª Rolda   Steaua Bucarest   1-14 ; 4-7
1991-92 1ª Rolda   Dragons de Rouen
  HC Bolzano
  HC Utrecht
  0-13
  2-17
  0-7
1994-95 1ª Rolda   EHC Kloten
  VEU Feldkirch
  Lillehammer IK
  3-19
  2-17
  3-15
1996-97 1ª Rolda   Steelers de Sheffield
  Steaua Bucarest
  Tilburg Trappers
  0-16
  1-7
  8-12
1997-98 1ª Rolda   Dunaferr Acélbikák
  Partizan Belgrade
  2-8
  7-4
1998-99 1ª Rolda   CG Puigcerdà
  SC Energija
  Dukla Trenčín
  6-1
  3-2
  1-20
2000-01 1ª Rolda   Ferencváros TC
  Miercurea Cluc
  KT Ust-Kamenogorsk
  2-5
  1-3
  0-14
2001-02 1ª Rolda   Rødovre Mighty Bulls
  Tilburg Trappers
  Brûleurs de Loups de Grenoble
  1-6
  2-6
  1-4
2002-03 1ª Rolda   Amstel Tijgers Amsterdam
  KT Ust-Kamenogorsk
  HK Vojvodina Novi Sad
  1-7
  0-13
  3-5
2003-04 1ª Rolda   Tilburg Trappers
  FC Barcelona
  Phantoms Deurne
  5-13
  5-3
  3-8
2004-05 1ª Rolda   SC Energija
  KHL Medvescak Zagreb
  Partizan Belgrade
  4-8
  1-3
  15-1
2005-06 1ª Rolda   HK Slawia Sofia
  Hapoel Amos Lod
  Polis Akademisi Ankara
  5-2
  13-2
  7-4
2ª Rolda   HK Sokol Kiew
  HK Junost Minsk
  KT Ust-Kamenogorsk
  0-4
  0-8
  0-10

Balanzo europeo editar

Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza
37 8 0 29 112 308 -196

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar