Suma da lóxica

tratado de lóxica de William de Ockham

A Suma da lóxica (latín: Summa Logicae) é un manual de lóxica de Guillerme de Ockham, escrito arredor do 1323.[1]

Suma da lóxica
Bosquexo do autor
Título orixinalSumma logicae
Autor/aWilliam de Ockham
OrixeReino Unido
LinguaLatín
Tema(s)Lóxica, metafísica, nominalismo, problema dos universais
Data de pub.c. 1323
Primeira edición galega
TraduciónXosé Calviño Pueyo
Xosé María Liñeira Reboredo
EditorialXunta de Galicia
Data de pub.1999
Páxinas235 pp.
editar datos en Wikidata ]

Resumo

editar

A obra aseméllase a outros tratados de lóxica medieval, polo que está organizado seguindo o esquema básico aristotélico, típico da escolástica:

  1. Termos, predicables e categorías (Libro I)
  2. Proposicións (Libro II)
  3. Siloxismos e falacias (Libro III)

A importancia deste texto reside na súa exposición do nominalismo ockhamiano, unha postura relativa ao problema dos universais, que dominou a filosofía medieval europea.[2][3]

Estrutura

editar

Libro I: o termo

editar
Capítulos Contidos
1-17 Os termos: que son e como se dividen. O problema dos universais.
18-25 Os cinco predicables de Porfirio.
26-62 As categorías de Aristóteles (praedicamenta, segundo a tradución latina de Boecio). Definicións e descricións, suxeito e predicado, o todo e a parte. As dez categorías: substancia, cantidade, relación, calidade, acción, paixón, tempo, lugar, posición e hábito.
63-77 Teoría da suposición (suppositum).

Libro II: as proposicións

editar
Capítulos Contidos
1-20 Sobre as proposicións categóricas.
21-29 Sobre a conversión entre proposicións.
30-37 Sobre as proposicións hipotéticas.

Libro III: o siloxismo

editar

Parte I: os siloxismos

editar
Capítulos Contidos
1-19 Sobre os siloxismos categóricos.
20-30 Sobre os siloxismos modais.
31-63 Sobre os siloxismos mixtos.
64-68 Outros tipos de siloxismos

Parte II: a demostración

editar
Capítulos Contidos
1-41 Exposición sistemática da Analitika protera (Ἀναλυτικὰ Ὕστερα, "Analíticos posteriores") de Aristóteles.

Parte III: as consecuencias

editar
Capítulos Contidos
1-37 Exposición sistemática dos Topika (Τοπικά, "Tópicos") de Aristóetles. Definición e división das consecuencias. Distinción entre implicación material e lóxica, de xeito similar a Jean Buridan e Alberte de Saxonia.
38-45 Teoría das obligationes.
46 Paradoxo do mentireiro

Parte IV: as falacias

editar
Capítulos Contidos
1-18 Exposición sistemática dos tipos de falacias

Influencia

editar

O pensamento de Ockham tería unha importancia decisiva na historia da filosofía, como culminación do período medieval.[4] A súa proposta nominalista, desenvolvida no primeiro libro, foi a máis elaborada da época, e sería moi influente en séculos posteriores. Por outra banda, na súa argumentación en contra do realismo, aplicou implicitamente un principio metodolóxico segundo o cal non se deberían asumir máis entidades das necesarias para ofrecer unha explicación satisfactoria dos fenómenos. A día de hoxe, coñécese como navalla de Ockham no seu nome.[5]

Traducións

editar
  1. "Summa Logicae (Ockham) - The Logic Museum". www.logicmuseum.com. Consultado o 2024-03-15. 
  2. Spade, Paul Vincent; Panaccio, Claude (2019). Zalta, Edward N., ed. William of Ockham (Spring 2019 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  3. King, Peter (2005). Shand, John, ed. William of Ockham: Summa Logicae 1. Acumen Publishing. pp. 242–270. ISBN 978-1-84465-012-5. 
  4. Gilson, Étienne (2007-05). La filosofía en la Edad Media (en castelán). Gredos. ISBN 978-84-249-2861-2. 
  5. Miralbell, Ignacio. Guillermo de Ockham y su crítica lógico-pragmática al pensamiento realista (PDF) (en castelán). Cuadernos de Anuario Filosófico. 
  6. Ockham, William de (1999). Suma da Loxica. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-2571-1. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar