Stictonetta naevosa

Stictonetta naevosa é unha especie de ave da orde dasanseriforme e familia dos anátidos, a única da subfamilia dos estictonetinos.[2][3]

Stictonetta naevosa

S. naevosa macho na época da reprodución
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Stictonettinae
Boetticher, 1950
Xénero: Stictonetta
Reichenbach, 1853
Especie: S. naevosa
Nome binomial
Stictonetta naevosa
(Gould, 1841)
Área de distribución de Stictonetta naevosa
Área de distribución de Stictonetta naevosa

Área de distribución de Stictonetta naevosa
Sinonimia
Véxase o texto

Taxonomía editar

Subfamilia editar

A subfamilia creouna en 1950 o zoólogo alemán, especializado en ornitoloxía e entomoloxía, Hans von Boetticher.

Xénero editar

O xénero describírao en 1853 o químico, xeólogo, metalúrxico, naturalista, industrial e filósofo alemán Carl Reichenbach.[2]

Especie editar

A especie foi descrita en 1841 polo naturalista e ornitólogo inglés John Gould, baixo o nome de Anas naevosa.[3]

Sinónimo do xénero editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén como:[2][3]

  • Stictonella Giebel, 1877

Sinónimos da especie editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Anas naevosa Gould, 1841 (protónimo)
  • Stictonetta branda Mathews, 1915
  • Stictonetta naevosa lesueuri Mathews, 1912

Características editar

Stictonetta naevosa ten unha aparencia distintiva. Caracterízanse, os adultos, por teren unha plumaxe de cor gris escuro a negra, con pequenas manchas brancas, o que lle dá ao pato un aspecto "pecoso". Os pés, as patas e o peteiro de ambos os sexos son de cor gris lousa. As crías e os xuvenís distínguense por unha plumaxe gris clara uniforme, que perden ao redor da semana 32, cando sofren unha muda de corpo enteiro para asumir a plumaxe adulta.[4]

 
Femia

Os adultos presenta algún dimorfismo sexual, sendo, o primeiro, o tamaño.
De media, os machos son o máis grandes que as femias, cunha masa corporal media de entre os 700 e os 1 200 g.
As femias teñen un rango de peso só lixeiramente inferior, entre os 600 e e os 1 200 g.
Os dous sexos teñen unha lonxitude de 50 a 60 cm.

Especialmente durante a época de cría, os machos caracterízanse pola base do seu pico, que adquire varios tons de vermello. Aqueles que se atopan en condicións reprodutivas adquiren unha cor vermella profunda, mentres que outros machos só poden desenvolver tons máis claros de vermello ou, nalgúns casos, non ter ningunha cor. A cor vermella profunda do bico tamén está asociada coa dominación, e os que teñen o vermello máis intenso son os que probábelmente se reproduzan coas femias do grupo.[5]

Distribución editar

Esta ave é endémica de Australia. No período seco dispérsanse nas zonas húmidas costeiras e subcosteiras. Durante esta época é común que a poboación destes patos se congregue en bandadas na mesma zona, dando a impresión de que son máis comúns do que realmente son.[6]

Ameazas editar

A poboación de Stictonetta naevosa corre o risco de reducirse aínda máis pola destrución do seu hábitat, as secas e a caza. Moitas veces, a destrución do hábitat e a seca poden levar a un aumento da caza, xa que a especie vese obrigada a dispersarse por zonas máis costeiras onde pode non ser recoñecida como especie protexida.[7]

De feito, durante as épocas de seca no interior, cando estes patos se encontran máis preto da costa, corren o risco de ser identificadas erroneamente como especies cinexéticas e ser cazadas polos cazadores de patos. Aínda que aínda non se identificou ningunha correlación entre a abundancia de S. naevosa e o esforzo cinexético, os plans para extraer auga do río Paroo e Cooper's Creek, que afectarían ás inundacións de pantanos interiores críticos, constitúen a maior ameaza actual; aínda que polo momento, estes plans foron abandonados, porén, se continúan, estímase que a redución resultante da calidade do hábitat podería provocar un descenso da poboación do 20 % dentro de tres xeracións (aproximadamente 15 anos).[8]

Accións para a súa protección editar

Nas últimas décadas varias institucións estableceron programas de reprodución para axudar a complementar a poboación deste pato. Estes establecementos inclúen, pero non están restrinxidos, a Hunter Wetlands Australia, Slimbridge Wetlands, Melbourne Zoo, Bronx Zoo, Adelaide Zoo, Healesville Sanctuary e Tidbinbilla Nature Reserve.[9]

O éxito destas institucións foi variábel, e algúns non lograron establecer colonias autosuficientes.

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, aínda que considera que esta especie pode ter unha área de distribución pequena, non se cre que se achegue aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia da poboación parece ser flutuante e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación. O tamaño da poboación pode ser de moderadamente pequeno a grande, pero non se cre que se aproxime aos limiares de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos o status da especie é avaliado como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Stictonetta naevosa na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 22 de outubro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Stictonetta naevosa (Gould, 1841) no GBIF. Consultado o 22 de outubro de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Stictonetta naevosa (Gould, 1841) na BioLib. Consultada o 22 de outubro de 2022.
  4. Norman, F. I.; Norris, K. C. (1982). "Some notes on Freckled Duck shot in Victoria, Australia, 1981". Wildfowl 33: 81–87. 
  5. Wilson, S.; Silcocks, S. (2001). "The husbandry and breeding of the freckled duck at Melbourne Zoo". Australian Birdkeeper 14 (9): 524–527. 
  6. Garnett, S. (1992): "The Action Plan for Australian Birds" (Report). Canberra: Australian National Parks and Wildlife Service.
  7. Loyn, R. H. (1991): "Assessing and managing the impact of duck hunting in Victoria - a new approach". Wildfowl 42: 155–161.
  8. Garnett, S. T. & Crowley, G. M. (2000): The action plan for Australian birds 2000. Canberra: Environment Australia. ISBN 978-0-6425-4683-8.
  9. Wilson, S. & Silcocks, S. (2001): "The husbandry and breeding of the freckled duck at Melbourne Zoo". Australian Birdkeeper 14 (9): 524–527.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros atrigos editar

Ligazóns externas editar