Hans von Boetticher


Hans von Boetticher, nado en San Petersburgo (Imperio Ruso) o 30 de agosto de 1886 (era un dos chamados alemáns do Báltico) e finado en Coburgo (Baviera) o 20 de xaneiro de 1958, foi un zoólogo alemán que traballou especialmente na ornitoloxía e na entomoloxía.

Modelo:BiografíaHans von Boetticher
Biografía
Nacemento(de) Hans Paul Heinrich Franz von Boetticher Editar o valor en Wikidata
30 de agosto de 1886 Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1958 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Coburgo (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónornitólogo, zoólogo, entomólogo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAll-German People's Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPaul* Eduard Alfred Boetticher Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Boetticher traballou no Museo de Historia Natural de Coburgo. Varios dos seus traballos tratan sobre a taxonomía de nivel superior dos grupos de aves baseada na morfoloxía, a filoxenia e a bioxeografía.

Algunhas das súas outras obras inclúen as que publicou sobre os pinnípedes, pero a súa especial área de interese incluía patos e gansos, musofáxidos, psitácidos, pombas e aves mariñas. Describiu os xéneros de patos suramericanos Amazonetta e Speculanas. Algúns dos outros taxons de aves que el chamou como Galapagornis xa non son válidos.[1]

Algunhas publicacións

editar

Entre outras, escribiu unha serie de libros sobre as familias de aves, como:

  • Gänse- und Entenvögel aus aller Welt (1952)
  • Albatrosse und andere Sturmvögel (1955)
  • Lärmvögel, Turakos und Pisangfresser (1955)
  • Fasanen, Pfauen, Perlhühner und andere Zierhühner (1956)
  • Pelikane, Kormorane und andere Ruderfüßler (1957)

Abreviatura

editar

A abreviatura Boetticher emprégase para recoñecer a Hans von Boetticher como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Galapagornis Boetticher 1949, Beitr. Gattungssyst. Vogel. (Goecke & Evers) Krefeld 1949, 27. Aves.

Véxase tamén

editar

Ligazons externas

editar