Sociedade Civil e Democracia
Sociedad Civil y Democracia (SCD) foi un partido político español rexistrado legalmente no Ministerio do Interior o 20 de xuño de 2011 impulsado por Mario Conde; a súa última presidenta foi a empresaria galega María Jamardo.
Sociedad Civil y Democracia | |
---|---|
![]() | |
Historia | |
Fundación | 20 de xuño de 2011 |
Disolución | 2014 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Neoliberalismo Nacionalismo español Populismo de dereita |
Representación | |
Representación | 0/360 |
Outros datos | |
Sede | C/ Galatea, 4, 47004 Valladolid |
Na rede | |
www.pscd.es | |
Ideoloxía
editarNo seu relatorio de acción política,[1] SCD manifesta o seu obxectivo de iniciar un proceso constituínte para elaborar unha nova Constitución que reforce as liberdades e soberanía cidadá. Para este proceso sería necesaria a súa aprobación por 2/3 do Congreso dos Deputados e por, cando menos, o 50% do censo en referendo. Tamén propón que a organización territorial de España se someta a referendo igualmente, establecéndose claramente as competencias estatais e autonómicas.
Tamén avoga polo recoñecemento como sistema lexislativo a iniciativa lexislativa popular, e o uso de ferramentas dixitais que faciliten a participación política dos cidadáns. O seu programa tamén propón unha nova lei electoral e a supresión do financiamento por parte do Estado de partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais e fundacións dependentes dos anteriores, sometendo as súas contas a auditoría do Tribunal de Contas. Igualmente se eliminarían as subvencións a medios de comunicación e televisións autonómicas, de cara a garantir a súa independencia.
SCD propón ademais a eliminación do Tribunal Constitucional e o traspaso das súas competencias a unha Sala de Garantías e a outra de Conflitos do Tribunal Supremo, para evitar a súa politización. O Senado tamén sería suprimido, pasando a un sistema unicameral, así como os entes públicos inútiles ou excesivos. As persoas propostas para dirixir órganos e institucións estatais deberán comparecer ante o Congreso para demostrar a súa idoneidade, profesionalidade e independencia.
Respecto á clase política, propón a creación dun estatuto de cargos públicos, para acabar con tratamentos privilexiados e limitar cargos; así como a instauración de responsabilidade penal ou civil na xestión irregular ou irresponsable de recursos públicos. Así mesmo, establecerase unha transparencia informativa total para que os cidadáns poidan acceder aos gastos e ingresos das Administracións.
No ámbito do poder xudicial, propón regular o acceso á carreira xudicial para garantir a súa independencia, impedir a cargos xurídicos que acceden á política volver á súa carreira xudicial antes de pasados 5 anos, que o Fiscal xeral do Estado sexa elixido polo Congreso dos Deputados, que os delitos de prevaricación de xuíces e fiscais se xulguen por xurado popular, e a creación dun corpo de interventores que auditen as contas públicas cada tres anos.
No seu ideario tamén figura a defensa da Nación española e as súas institucións e símbolos, a modificación do sistema financeiro español, a revisión do sistema de pensións e do sistema educativo, sendo este último competencia exclusiva do Estado e propoñendo a fusión de Universidades, e o apoio á investigación científica e técnica.
Adhesións
editarO novo partido recibiu a migración de militantes do Partido Popular: a Plataforma Democracia e Liberdade anunciou o abandono do PP (que implica a saída de preto de 2.000 afiliados e 10.000 simpatizantes).[2]
Despois dunha etapa inicial liderada por Mario Conde, o ex banqueiro galego decidiu pasar á segunda fila e foi substituído, logo dun proceso de primarias, pola empresaria pontevedresa María Jamardo (8 de setembro de 2013).
Eleccións
editarO SCD presentouse ás eleccións de Galiza do 21 de outubro de 2012, coa candidatura do famoso empresario Mario Conde.[3] Acadou uns 16.000 votos.
Notas
editar- ↑ "Ponencia Acción Política". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2012.
- ↑ .Al PP le crecen los enanos: ‘La Gaceta’ anuncia el paso al partido de Conde de miles de militantes ‘populares’ El Plural, 21/08/2012.
- ↑ Mario Conde hace oficial su candidatura a la Xunta 'para agitar conciencias' El Mundo, 16/09/2012.