María Jamardo

empresaria e política galega

María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.[Cómpre referencia]

Infotaula de personaMaría Jamardo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: MariaJamardoC Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Salamanca, que completou con cursos de Dereito nesa universidade. Despois especializouse en mercadotecnia, tanto a nivel formativo como profesional, e en 2009 estableceu a súa propia axencia de mercadotecnia e publicidade.

Afiliada a Sociedad Civil y Democracia, encargouse de coordinar a campaña electoral desa formación nas Eleccións Galegas de 2012, onde o SCD obtivo 16.000 votos. En abril de 2013 foi designada líder da formación en Galicia. Presentouse ás primarias de SCD para substituír o fundador do partido, Mario Conde, e foi elixida presidenta da formación a nivel estatal en setembro de 2013.[1]. Non obstante, dimitiu en febreiro de 2014, ante o perigo de inminente disolución do seu partido[2].

Vida persoal editar

Vive a cabalo entre Vigo e Madrid. Ten dous fillos.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. "María Jamardo asume la presidencia de SCD". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 
  2. "Dimite la gallega María Jamardo como presidenta del partido de Mario Conde". La Voz de Galicia. 6 de febreiro de 2014.