Saul Hudson, coñecido como Slash, nado o 23 de xullo de 1965 en Londres, (Inglaterra), foi un dos guitarristas máis importantes das décadas dos 80 e 90, destacando sobre todo a súa achega musical na banda rockeira Guns N' Roses ata mediados dos 90, cando debido a diferenzas co líder, Axl Rose, decidiu marchar da banda, da que estivo ausente por case vinte anos, volvendo retomar a actividade xunto co cantante no ano 2016.

Slash
Slash live in Rome by Paride.jpg
Slash en Roma no 2011.
Nome completoSaul Hudson
Data nacemento23 de xullo de 1965 (57 anos)
Nado enHampstead
CónxuxePerla Ferrar
Ocupaciónmúsico, guitarrista, autobiógrafo e produtor musical
Instrumento(s)guitarra
Relacionado conGuns N' Roses, Velvet Revolver
PseudónimoSlash
Na rede
http://slashonline.com
IMDB: nm0805298 TV.com: people/slash
Facebook: Slash Twitter: Slash Instagram: slash MySpace: slash Youtube: UC6WCQjfkWnDWvFfw_YDrq5g TikTok: slash Souncloud: slashmusic-1 Spotify: 4Cqia9vrAbm7ANXbJGXsTE iTunes: 115556 Last fm: Slash Musicbrainz: 5e7a7026-dfc5-4aba-8496-95140716f3db Songkick: 44022 Discogs: 170015 Allmusic: mn0000021009 WikiTree: Hudson-4230 Deezer: 10336 Editar o valor em Wikidata

Durante a súa etapa fóra da lendaria banda, o guitarrista fundou o grupo Velvet Revolver, xunto cos seus compañeiros de Guns N' Roses, Duff McKagan e Matt Sorum, o guitarrista Dave Kushner (exmembro de Suicidal Tendencies e Infectious Grooves) e o cantante Scott Weiland, coñecido polo seu labor dentro da formación Stone Temple Pilots. Xuntos sacarían dous discos e contemplarían un éxito notable entre crítica e público, rematando o seu traballo conxunto no ano 2008, pouco despois de despedir a Weiland, acusado dun comportamento errático.

Co cambio de década, Slash decidiu usar o seu nome artístico como bandeira para a súa carreira, xa en solitario, e lanzou un disco novo disco homnónimo con colaboracións diversas e eclécticas, con nomes como Fergie, Ozzy Osbourne, Myles Kennedy, Chris Cornell, Izzy Stradlin, Duff McKagan, Steven Adler, Andrew Stockdale, Dave Grohl, Kid Rock, M. Shadows, Iggy Pop, Alice Cooper ou Lemmy Kilmister.

Considerado unha lenda do instrumento de seis cordas, Slash logrou acadar unha fama mundial con dous piares como base: o seu recoñecible aspecto e as súas altas capacidades como guitarrista eléctrico.[1] O seu sombreiro de copa, na cima dunha rizada e densa melena negra, é unha icona máis que recoñecible dentro da escena rock internacional.

Doutra banda, entra na historia da música contemporánea como un dos últimos mitos da guitarra, que viviría un paulatino abandono nas décadas seguintes como instrumento principal, dando paso a outras tendencias. Así, os seus solos son unha mostra perfecta da explosión do Hard rock a principios dos noventa, de longas pasaxes instrumentais e cun son saturado pero claro.

TraxectoriaEditar

Tamén formou parte do grupo Slash's Snakepit, co que gravou dous discos, e do grupo de versións de blues Slash's Blues Ball. Actualmente milita na banda de Hard rock "Velvet Revolver" xunto cos seus compañeiros de Guns N' Roses: Duff McKagan e Matt Sorum, e o guitarrista Dave Kushner (ex membro de Suicidal Tendencies e Infectious Grooves).

Slash é coñecido pola súa longa e desordenada cabeleira, o seu chapeu de copa, a súa Gibson Les Paul, o seu amor polo Jack Daniels, o seu piercing nasal de aro e polo cigarro na súa boca.

DiscografíaEditar

Guns N' RosesEditar

Título Data de lanzamento Compañía
Live ?!*@ Like a Suicide 1986 UZI Suicide
Appetite for Destruction 1987 Geffen
EP (Live from the Jungle) 1987 Geffen
G N' R Lies 1988 Geffen
Use Your Illusion I 1991 Geffen
Use Your Illusion II 1991 Geffen
The Spaghetti Incident? 1993 Geffen
Live Era: '87-'93 1999 Geffen
Greatest Hits 2004 Geffen

Slash's SnakepitEditar

Título Data de lanzamento Compañía
It's Five O'Clock Somewhere 1995 Geffen
Ain't Life Grand 2000 Koch Records

Velvet RevolverEditar

Título Data de lanzamento Compañía
Contraband 2004 RCA Records
Libertad 2007 RCA Records

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar