O sistema centímetro gramo segundo, sistema ceguesimal[1] ou sistema CGS foi un sistema de unidades, un dos antecesores do Sistema Internacional de Unidades, baseado nas tres unidades da Mecánica, o centímetro (cm), o gramo (g) e mais o segundo (s). Na actualidade seguen a usarse as súas unidades básicas baixo a epígrafe de unidades ou submúltiplos das correspondentes do Sistema Internacional.

Unidades do sistema ceguesimal ou sistema CGS
Magnitude Nome Símbolo Definición Equivalencia
no SI
Lonxitude centímetro cm cm 0,01 m
Masa gramo g g 0,001 kg
Tempo segundo s s 1 s
Aceleración gal Gal cm s−2 0,01 m s−2
Forza dina dyn g.cm/s−2 10−5 N
Enerxía erguio, erg ou ergo erg dyn cm 10−7 J
Potencia erguio por segundo   erg s−1 10−7 W
Presión baria baria dyn cm−2 0,1 Pa
Viscosidade cinemática stokes St cm2s−1 10−4 m2s−1
Carga eléctrica franklin ou statcoulomb Fr dyn½cm 3,336 641 × 10−10 C
Potencial eléctrico statvolt     299,7925 V
Campo eléctrico statvolt por cm   dyne Fr−1  
Fluxo magnético maxwell Mx G cm2 10−8 Wb
Densidade de fluxo magnético gauss Gs, G Mx cm−2 10−4 T
Intensidade do campo magnético oersted Oe   (103/4π) A/m
Intensidade de corrente statamperio     3.335 641 × 10−10 A
Resistencia eléctrica statohmio     8.987 552 × 1011 Ω
Capacitancia statfaradio ou «centímetro» «cm»   1,113 × 10−12 F
Indutancia stathenrio     8,988 × 1011 H
Número de onda kayser     1 cm−1
Brillo fotométrico stilb[2] sb   1 cd/cm2
  1. "Localizable en certos termos do DRAG mediante a busca nas definicións". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 17 de xuño de 2013. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 17 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar