Número de onda

inverso da lonxitude de onda

O número de onda e unha magnitude de frecuencia que indica o número de veces que vibra unha onda nunha unidade de distancia. Na literatura científica adóitase representar coa letra grega nu con til: . As súas unidades no sistema internacional son os ciclos por metro (ou metros recíprocos, m−1). Porén, en campos como a espectroscopia de infravermellos, resulta máis útil empregar os ciclos por centímetro (ou centímetros recíprocos, cm−1), unha unidade que o sistema cexesimal de unidades tamén denomina Kayser (K).

Onda que vibra dúas veces nun metro, polo que ten unha lonxitude de onda de 0,5 m e un número de onda de 2 m-1.

Esta magnitude defínese como a inversa da lonxitude de onda:

onde λ é a lonxitude da onda no medio.

Número de onda circular editar

O número de onda circular ou número de onda angular, representado coa letra k, é unha magnitude derivada do número de onda utilizada por razóns de simplicidade na ecuación que describe como vibra unha onda:

 

Esta ecuación indica como a intensidade da vibración se corresponde a f(x,t), a un tempo t determinado e partindo dunha posición inicial x determinada, é función da amplitude da vibración A, da frecuencia angular ω e do número de onda angular k.

Debido a súa forma sinusoidal, é máis cómodo expresar o número de onda en radiáns por metro no lugar de ciclos por metro. Sabendo que un ciclo comprende 2π radiáns, a partir da definición de número de onda obtense o número de onda circular: