Apéndice (artrópodos)

(Redirección desde «Simpodio»)

Os apéndices son estruturas anatómicas pares dos artrópodos formadas por elementos articulados entre si, que se insiren en todos ou nalgúns dos metámeros ou segmentos do seu corpo.[1]

Un saltón. Podemos ver os seus apéndices: as patas e as antenas.

A condición primitiva é a presenza dun par de apéndices similares en cada metámero, a cal se conserva en poucos artrópodos actuais.

As ás ou alas dos insectos non son apéndices.

Estrutura

editar

A característica fundamental dos apéndices, que dá nome ao filo dos Arthropoda (do grego ἄρθρον, árthron, "articulación" e πούς, ποδός poús, podós, "perna"), é que están formados por unha serie de pezas ou artellos unidos entre si por unha membrana articular elástica que permite o movemento relativo entre eles. Os artellos son aneis ocos provistos de musculatura estriada propia, o que lles permite realizar movementos rápidos e precisos.

Tipos de apéndices

editar
 
Apéndice birrámeo dun crustáceo.
1-5: enditos; 6: endopodio; 7: exopodio;
8: epipodio; 9: protopodio.
 
Apéndice unirrámeo dun insecto.
A: coxa; B: trocánter; C: fémur; D: tibia;
E: tarso.

A estrutura básica ideal dos apéndices dos artrópodos consta dunha parte basal ou proximal que serve como punto de unión co corpo, e unha parte distal que, en principio, ten función locomotora. Dependendo da morfoloxía de dita parte distal, distínguense dous tipos morfolóxicos de apéndices:[2]

  • Apéndices unirrámeos. Son apéndices cun só eixe. A zona proximal denomínase coxopodio ou coxito, e a distal telopodio ou telopodito, ambas as dúas constituídas por un número variábel de artellos. O coxopodio posúe a miúdo expansións denominadas exitos, situadas na parte externa, e enditos, localizadas na parte interna. Os apéndices unirrámeos son típicos dos artrópodos terrestres, como os arácnidos, os miriápodos e os insectos.[3]
  • Apéndices birrámeos. Son apéndices con dous eixes. A zona proximal chámase protopodio, protopodito ou simpodio, na que se articulan dúas ramas, unha principal interna (endopodio ou endopodito) e outra secundaria externa (exopodio ou exopodito). O protopodio pode ter tamén exitos e enditos, ademais de epipodios ou epipoditos con función respiratoria. Os apéndices birrámeos son típicos dos artrópodos acuáticos, como os trilobites e os crustáceos.[3]

Non hai acordo sobre que tipo de apéndice apareceu primeiro no curso da evolución. Baralláronse as tres hipóteses posíbeis, é dicir, o modelo primitivo foi unirrámeo, o modelo primitivo foi birrámeo, e unirrámeos e birrámeos orixináronse de modo independente.

Existe unha gran cantidade de tipos distintos de apéndices e, con frecuencia, apéndices homólogos reciben distinto nome en cada grupo de artrópodos e, ás veces, apéndices non homólogos reciben o mesmo nome, o que pode crear certa confusión:

  1. Barrientos, J. A. (ed.) (2004): Curso práctico de entomología. Alacant: Asociación Española de Entomología. ISBN 84-490-2383-1.
  2. Armengol, J. et al. (1986): Artròpodes (I). Història Natural dels Països Catalans, 9. Barcelona: Enciclopèdia Catalana, S. A. ISBN 84-85194-84-5.
  3. 3,0 3,1 Garrido, Carlos (1977).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar