Maxílula
Chámase maxílula a cada un dos membros do primeiro par de maxilas dos crustáceos.[1][2]

Esquema dun malacostráceo. No céfalon, móstranse (en cor rosa) as mandíbulas, as maxílulas e as maxilas.
Son cada un dos dous cuartos apéndices cefálicos dos crustáceos, situados no somito maxilar, birrámeos, provistos no lado interno de varias láminas mastigadoras e forma de follas flexíbeis.[3]
EtimoloxíaEditar
O termo maxílula é unha adaptación do latín científico maxilla, coa adición do sufixo diminutivo -ula. Literalmente: 'maxila pequena'.[1]
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.