Uropodio
En zooloxía o termo uropodio,[1][2] ás veces citado como urópodo,[2] refírese a determinados apéndices do último segmento abdominal do corpo de numerosos crustáceos e dalgunhas larvas de certos insectos.
Etimoloxía
editarO termo urópodo é unha voz do Vocabulario Científico Internacional (que se adapta ás normas de cada idioma particular) formada polos elementos do latín científico uro- e -podo (sic), tirados das palabras do grego antigo οὐρά ourá, "cola" (de animal), e πούς, ποδός poús, podós, "pé", "perna", "pata", respectivamente.[3]
Nos crustáceos
editarNos crustáceos malacostráceos os urópodos son cada un dos dous últimos apéndices abdominais, situados a continuación do pleon, dirixidos cara a atrás e diferentes dos pleópodos, de forma laminar na maioría dos grupos.[4][5]
Función
editarO telson, xunto cos urópodos, presenta forma de abano, polo que denomina tamén abano caudal.[5][6] En ocasións, os urópodos poden traballar en conxunto co telson, utilizando estes apéndices para axudar nos seus desprazamentos (natación), xa que cun movemento brusco do abdome, o telson e os urópodos, conseguen propulsarse rapidamente cara a atrás. Tamén se usan para a protección dos ovos da femia.[5]
Nos cangrexos ermitáns, os urópodos serven como elementos de retención, e en case todos os braquiúros e nalgúns Lithodidae, os urópodos reabsórbense na idade adulta.
Formas
editarOs urópodos son tipicamente birrámeos (é dicir, están divididos en dúas partes chamandas ramas),[5] e consisten basicamente nun pedúnculo que se divide en dúas ramas (endopodito e exopodito), unidos por unha sutura transversal coñecida como diérese.[7][8] O exopodito adoita ser máis grande que o endopodito.
Os anfípodos xeralmente teñen tres pares de urópodos.
Na maioría dos Peracarida, Bathynellacea e Cumacea, os urópodos teñen forma de bastón.
Os urópodos están formados por catro pezas:
- 2 exopoditos (as máis externas).
- 2 endopoditos (entre os exopoditos e o telson).
Presenza na especies
editarTodos os decápodos (coa excepción da maioría dos braquiúros) presentan urópodos: a infraorde dos Palinura, a suborde dos Dendrobranchiata, a infraorde dos Stenopodidea, a infraorde dos Caridea, a infraorde dos Astacidea, a infraorde dos Thalassinidea, etc.
Nos insectos
editarTamén reciben o nome de urópodo cada unha das dúas apófises caudais, semellantes a cercos, que aparecen no último segmento abdominal dalgunhas larvas de insectos, denominadas larvas oligopódicas.[5]
Notas
editar- ↑ uropodio no diconario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 uropodio s m ZOOL Apéndice do último segmento abdominal dos crustáceos. urópodo s m Zool → uropodio. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
- ↑ uropod, no Merriam-Webster Dicitionary.
- ↑ Claude Meisch (2007): "On the origin of the putative furca of the Ostracoda Crustacea" en Renate Matzke-Karasz, Koen Martens & Michael Schudack, eds. Ostracodology – Linking Bio- and Geosciences: Proceedings of the 15th International Symposium on Ostracoda, Berlin, 2005, serie Developments in Hydrobiology 197, volume 585 (1): 181–200. Hydrobiologia. ISBN 978-1-4020-6417-3. Consultado o 14 de marzo de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 urópode ou urópodo (Arthorpoda:Crustacea) en Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
- ↑ Dean Pentscheff (ed.). "Uropod". Crustacea Glossary. Natural History Museum of Los Angeles County. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2007. Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ Dean Pentscheff (ed.). "Diaeresis". Crustacea Glossary. Natural History Museum of Los Angeles County. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2007. Consultado o 14 de marzo de 2017.
- ↑ S. S. Lal (2009). "Palaemon malcolmsonii". Practical Zoology: Invertebrate. Rastogi Publications. pp. 395–403. ISBN 978-81-7133-924-2.[Ligazón morta]