Nos crustáceos denomínase anténula,[1][2] ou primeira antena,[3] a cada un dos apéndices da cabeza destes animais, situados no primeiro somito cefálicometámero soldado—, postrerior ao ácron).[3]

antena (esquerda) e anténula (dereita) dunha lagosta.

Estes apéndices son unirrámeos, aínda que nos malacostráceos teñan dous ou até tres flaxelos anelados.[3]

As anténulas están constituídas por unha base, provista dun estatocisto, e dun flaxelo articulado que ten sedas olfactivas, polo que a súa función é sensorial.[2][3]

Como excepción, nalgunhas especies as anténulas están adaptadas á prensión e/ou a locomoción.[3]

Etimoloxía editar

A voz anténula está formada pola raíz do substantivo antena, derivado do latín antēnna, coa adición do sufixo latino -ula, que indica diminutivo,[4] debido a que son de moito menor tamaño que as anternas do segundo par.

 
Esquema dun malacostráceo.
No céfalon, debaixo do ollo, pódense ver a anténula e, debaixo, a antena.

Notas editar

  1. anténua s f Zool Cada unha das dúas antenas que teñen os crustáceos no primeiro segmento cefálico. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  2. 2,0 2,1 anténula no Diccionario Enciclopédico Vox 1. © 2009 Larousse Editorial, S.L.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Garrido, Carlos (1977): antênula (Arthropoda:Crustacea), no Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados.
  4. anténula en Definiciona.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar