Sigrid Buschmann

lingüista alemá

Sigrid Buschmann, coñecida tamén como Sigrid Gelos ou como Sigrid Buschmann de Gelos, nada en Düsseldorf o 27 de abril de 1937 e finada en Bochum o 25 de xullo de 2011,[1] foi unha lingüista alemá especializada nas áreas da lingüística e literatura española e portuguesa. É autora do único intento publicado de realizar un dicionario etimolóxico da lingua galega.

Infotaula de personaSigrid Buschmann
Biografía
Nacemento27 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata
Düsseldorf, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 2011 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Bochum, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Germersheim Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosR. Gaston Gelos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sigrid Buschmann estudou Lingüística Románica e Inglesa nas universidades de Bonn, Friburgo e Montevideo, entre os anos 1956 e 1964. Neste último ano graduouse na Universidade de Bonn. Nese mesmo ano comezou a traballar como axudante do profesor Harri Meier. Ao tempo foi preparando, e publicou no ano 1965, a súa tese que lle valeu o título de doutora, e que constituía unha aproximación etimolóxica á lingua galega, co título de "Beiträge zum etymologischen Wörterbuch des Galizischen" (Contribución ao Dicionario etimolóxico do Galego).

O seu traballo como axudante rematou en 1967. Nese ano entrou como profesora no Goethe-Institut de Montevideo, Uruguai, onde exerceu até o ano 1972. Os dous anos seguintes pasounos como investigadora nas universidades de Bonn e Colonia. No ano 1975 volveu para ao Goethe-Institut de Montevideo, do que regresou a Alemaña en 1982.[2] Desde ese ano traballou como profesora no Instituto de Lingüística da Universidade Johannes Gutenberg de Maguncia-Germersheim am Rhein, até a súa xubilación en 2002.

O Dicionario Etimolóxico de Buschmann editar

As "Beiträge" de Buschmann, obra ambiciosa, seguían as pautas do Romanisches etymologisches Wörterbuch ou REW de Wilhelm Meyer-Lübke. Malpocadamente correspondía aos verbetes A-F, e aínda que parece que se prometía un segundo volume para o ano 1978[3], este non veu a luz. Incorporaba os resultados de dicionarios anteriores para o castelán e o portugués, alén das propias contribucións da autora, daquela aínda moi nova, e que desde entón semella que abandonou as investigacións sobre o galego. Porén a súa obra foi unha moi salientábel contribución aos estudos sobre o idioma galego, que por entón nin tan sequera contaba con dicionarios ordinarios científicos, pois os máis próximos no tempo como eran os de Leandro Carré Alvarellos e o de Eladio Rodríguez González non eran tal.

Vida persoal editar

Filla de Hermann Buschmann e Martha Buschmann (nacida Dehler). Casou co uruguaio Rafael Gelos, e foi nai de Rafael Gaston Gelos (n. 1969).

Obra publicada editar

  • Beiträge zum etymologischen Wörterbuch de Galizischen. Bonn. Romanisches Seminar der Universität Bonn. 1965, 314 páxs (Contribución ao dicionario etimolóxico do galego).
  • Bezeichnungen für "sich Niederhocken" in der Iberoromania, in rev. Romanischen Forschungen, Frankfurt am Main, vol. 85, 1973, páxs. 532-545 (Denominacións para "pórse de crequenas" na Iberorromania).

Notas editar

  1. Matthias Perl (29 de xullo de 2011). "Frau Dr. Sigrid Gelos (geb. Buschmann)" (PDF) (en alemán). 
  2. "Sigrid Gelos". SciPort RLP (en alemán). 
  3. Segundo escribía Antón Santamarina na Gran Enciclopedia Gallega, t. IX, s.v. Diccionarios