Shoya Tomizawa
Shoya Tomizawa ou 富沢祥也, nado en Asahi, Chiba, o 10 de decembro de 1990 e finado en Riccione, Italia, o 5 de setembro de 2010, foi un piloto xaponés de motociclismo.
Nome orixinal | (ja) 富沢祥也 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de decembro de 1990 Asahi, Xapón |
Morte | 5 de setembro de 2010 (19 anos) Riccione, Italia |
Causa da morte | Grande Prêmio de San Marino de 2010, caída atropelo concussão (pt) trauma torácico (pt) abdominal trauma: (en) |
Outros nomes | Shoya |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo |
Deporte | Motociclismo de velocidade |
Número deportivo | 48 |
Páxina web | shoya48.com |
Traxectoria
editarTomizawa empezou a competir en 1994 e no 2001 pasou ás minimotos. En 2006 debutou na categoría de 125cc como convidado no Gran Premio do Xapón. Ao ano seguinte volveu a participar nesa carreira como invitado, terminando na 22ª posición. En 2008 debutou na categoría de 250cc de novo no Gran Premio do Xapón acabando 14º. Rematou a temporada en 26ª posición con 2 puntos. Durante estes anos tamén participou nos campionatos xaponeses de 125 e 250, acadando o 2º posto en 125 en 2006 e en 250 en 2008.
No 2009 disputou toda temporada de 250 co equipo Honda, terminando 17º con 32 puntos. Esa temporada viuse obrigado a perder o Gran Premio de Indianápolis por mor dunha lesión.
En 2010 participou na nova categoría de Moto2 co equipo Technomag-CIP, compartido co suízo Dominique Aegerter. Pasou á historia ao gañar a primeira carreira da temporada en Qatar.[1] Tamén conseguiu a pole e a segunda posición no España.
Morte
editarFaleceu o 5 de setembro de 2010, ás 14:20 hora local, logo dun accidente que sufriu durante o Gran Premio de San Marino na categoría de Moto2. Tomizawa, que foi trasladado ao hospital de Riccione logo de ser atendido na clínica do circuíto, caeuse durante a carreira e foi atropelado por Scott Redding e Alex De Angelis que o seguían a máis de 200Km/h, sen poder esquivalo causándolle múltiples traumatismos no cranio, tórax e zona abdominal, ademais de hemorraxias internas.[2]
Resultados
editarAno | Categoría | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006 | 125cc | Honda | ESP | QAT | TUR | CHN | FRA | ITA | CAT | NED | GBR | RFA | CZE | MAL | AUS | XAP Ret |
POR | VAL | - | - | |
2007 | 125cc | Honda | QAT | ESP | TUR | CHN | FRA | ITA | CAT | GBR | HOL | ALE | CZE | SMR | POR | XAP 22 |
AUS | MAL | VAL | - | - |
2008 | 250cc | Honda | QAT | ESP | POR | CHN | FRA | ITA | CAT | GBR | HOL | ALE | CZE | SMR | IND | XAP 14 |
AUS | MAL | VAL | 26° | 2 |
2009 | 250cc | Honda | QAT 12 |
XAP 10 |
ESP 12 |
FRA Ret |
ITA Ret |
CAT Ret |
HOL Ret |
RFA 13 |
GBR 15 |
CZE 13 |
IND NQ |
SMR 12 |
POR Ret |
AUS 15 |
MAL 16 |
VAL 10 |
17° | 32 | |
2010 | Moto2 | Suter | QAT 1 |
ESP 2 |
FRA Ret |
ITA 6 |
GBR 6 |
HOL 5 |
CAT Ret |
GER 18 |
CZE 10 |
IND NQ |
SMR Ret |
5° | 76 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shoya Tomizawa |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 20 de agosto de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)