Frank Shepard Fairey, nado o 15 de febreiro de 1970, é un artista gráfico, activista, ilustrador e fundador de OBEY Clothing[1]. Fíxose coñecido grazas á campaña de difusión de adhesivos Andre the Giant has a Posse, cando asistía á Escola de Deseño de Rhode Island, e polos seus deseños que toman certos elementos propios do cartelismo de propaganda política de mediados do século XX.

Shepard Fairey
AlcumeFairey, Frank Shepard‏
Nacemento15 de febreiro de 1970
Lugar de nacementoCharleston, Carolina do Sur
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterEscola de Design de Rhode Island, Idyllwild Arts Academy, Porter-Gaud School e Wando High School
Ocupacióngrafiteiro, deseñador, deseñador gráfico, gravador, muralista, artista gráfico, ilustrador, new media artist e activista
Coñecido porNelson Mandela Mural, Andre the Giant Has a Posse, Barack Obama "Hope" poster, Mural by Shepard Fairey & Vhils in Lisbon e Peace Guardian
PremiosBrit Insurance Design Awards
Na rede
https://obeygiant.com/
IMDB: nm1735854 Allocine: 452704 Allmovie: p439943
Facebook: shepardfairey Twitter: OBEYGIANT Musicbrainz: bcb4cde1-839d-43f4-919a-91f64d4b5bf0 Songkick: 2379830 Discogs: 1121000 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi a súa contribución á campaña electoral de Barack Obama o que lle deu o salto á fama co cartel titulado Hope que deseñou. O Instituto de Arte Contemporánea de Boston descríbeo como un dos artistas de rúa máis coñecidos e influentes.[2] O seu traballo está incluído nas coleccións do Smithsonian, no Museo de Arte do Condado dos Ánxeles (LACMA), no Museo de Arte Moderna de Nova York (MOMA), no Museo de Arte Contemporánea de San Diego (MCASD), na Galería Nacional de Retratos de Washington, no Museo de Belas Artes de Virxinia, en Richmond, e no Victoria and Albert Museum en Londres.

Traxectoria editar

Nenez editar

Shepard Fairy naceu en Charleston, Carolina do Sur. É fillo dun doutor, Strait Fairy, e dunha axente inmobiliaria, Charlotte. Foi ao instituto Wando High School e no ano 1984 comezou a interesarse pola arte, cando empezou a plasmar os seus debuxos en camisetas ou monopatíns. No ano 1988 gradouse na academia de artes Idyllwild, en California, e máis tarde, no ano 1992, obtivo o título de Belas Artes en Ilustración da Escola de Deseño de Rhode Island.

Carreira artística editar

Tras graduarse, Fairy fundou un pequeno negocio chamado Alternate Graphics, especializado na impresión de camisetas e adhesivos, o que lle permitiu soster e continuar a súa traxectoria artística. Un exemplo é a campaña de adhesivos André the Giant has a Posse en 1989, que máis tarde evolucionou na campaña Obey giant. Esta última converteuse nunha rede internacional de artistas que demandan a orixinalidade e a repercusión inicial da obra de Fairy.

A primeira exposición do artista foi no Instituto de Arte Contemporánea (ICA) de Boston, coa súa colección Supply and Demand ("Oferta e demanda"), no verán de 2009. A composición foi un compendio das técnicas máis variadas: collages, adhesivos, gravado, ademais de traballos en madeira e metal. Como complemento a esta exposición dentro do ICA, dispuxo unha serie de traballos por toda a cidade de Boston, explicando a súa motivación para facer tal cousa:

A verdadeira mensaxe tras a maior parte do meu traballo é a de cuestionalo todo.

Notas editar

  1. Web da compañía OBEY Clothing.
  2. Upcoming Exhibitions: Shepard Fairey. The Institute of Contemporary Art, Boston. Setembro de 2015.