Shaun Livingston
Shaun Patrick Livingston, nado o 11 de setembro de 1985 en Peoria, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,01 m e 87 kg de peso, Livingston xoga na posición de base. O seu maior éxito é o anel de campión conseguido como membro dos Warriors na temporada 2014−15. Antes do equipo californiano formou parte de Los Angeles Clippers, equipo que o seleccionou no Draft da NBA en 2004, Miami Heat, Oklahoma City Thunder, Washington Wizards, Charlotte Bobcats, Milwaukee Bucks, Cleveland Cavaliers e Brooklyn Nets.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1985 (39 anos) Peoria, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Luteranismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Peoria High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 83 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 34 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Clippers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
16 de outubro de 2018 | Tempada 2018-19 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarInstituto
editarXogou primeiro no instituto Richwoods, pasando posteriormente ao de Peoria Central, onde se lle comparou coa grande estrela da NBA Magic Johnson. No ano 2004 xogou o McDonald's High School All-American, un partido que disputan os mellores xogadores de instituto da temporada, onde foi nomeado co-MVP. Debido ao éxito, aceptou unha bolsa para xogar e realizar os seus estudos na Universidade de Duke, mais pouco despois renunciou a ela, anunciando que se presentaría no Draft da NBA.
Profesional
editarFoi elixido na cuarta posición da primeira rolda do Draft de 2004]] por Los Angeles Clippers, aproveitando a praza que lles cederan os Charlotte Bobcats. Na súa tempada de rookie tan só puido disputar 30 partidos debido a unha lesión de xeonllo. A pesar diso, conseguiu facer unha media de 7,4 puntos e 5 asistencias por partido. Na súa segunda tempada tamén se perdeu un bo número de partidos por mor das lesións, mais a súa maior desgraza sucedería en febreiro de 2007, cando, tras unha mala caída, desconxuntouse a rótula e fracturouse os ligamentos anterior e posterior do xeonllo, o que lle fixo perderse o resto da temporada 2006−07, tendo prevista unha recuperación de polo menos 8 meses.
En outubro de 2008 asinou contrato con Miami Heat, pasando despois polos Oklahoma City Thunder e os Tulsa 66ers da NBA Development League. Tras pasar por Wizards e Bobcats, o 23 de xuño de 2011 asina polos Milwaukee Bucks nun traspaso a tres bandas. Posteriormente volvería aos Wizards, para xogar despois en Cleveland e Brooklyn. Finalmente en 2014 asina polos Golden State Warriors, equipo co que consegue o seu primeiro anel de campión.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil de Shaun Livingston en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 25 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)