Serj Tankian

músico estadounidense

Serj Adam Tankian (en armenio: Սերժ Թանգեան), nado en Beirut (Líbano) o 21 de agosto de 1967, é un cantante de rock de orixe armenio-estadounidense. Serj figura no posto 26 na lista dos "100 mellores vocalistas do Metal de tódolos tempos", segundo a revista estadounidense Hit Parader[1].

Serj Tankian
Nome completoSerj Adam Tankian
Data nacemento21 de agosto de 1967 (56 anos)
Nado enBeirut Líbano Líbano
Ocupacióncantante, poeta, ensaísta, compositor de cancións, pianista, activista pola paz, teclista, guitarrista, baixista, letrista, produtor musical, violinista e ecoloxista
Instrumento(s)voz, guitarra, teclado
Relacionado conSystem of a Down
Na rede
https://serjtankian.com
IMDB: nm1413742 Rottentomatoes: celebrity/serj_tankian_2
Facebook: SerjTankian Twitter: serjtankian Instagram: serjtankian MySpace: serjtankian Youtube: UCaiQD1j4sHOtRJJXP4vZjlQ Souncloud: serjtankian Spotify: 0BEI7i5sgUuivcfwXLzFmM iTunes: 82647909 Last fm: Serj+Tankian Musicbrainz: e471b63c-c3b5-4f62-a971-cd0b2273838f Songkick: 582183 Discogs: 153410 Allmusic: mn0000743175 Deezer: 16998 Genius: Serj-tankian Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Os seus avós eran armenios. A raíz do xenocidio armenio levado a cabo por Turquía en 1915 a súa avóa foi asasinada e o seu avó tivo que refuxiarse no Líbano. Os pais de Tankian eran artistas, el comezou a cantar co seu pai e o seu irmán Sevag. Dende neno o seu avó contáballe as inhumanidades que se cometeron no seu país e que terminaron coa vida de moitas persoas inocentes ademais dos seus parentes, quen nunca esquecerán o feito atroz que trocou para sempre as súas vidas. É por iso que Tankian dende sempre recalcou nese tema e loitou para que Turquía recoñeza e pida desculpas pola matanza.

Ós 8 anos Tankian viaxou coa súa familia a Estados Unidos debido a problemas no Líbano e á situación económica. Tankian comezou a estudar nunha escola privada armenia chamada Rose & Alex Pilibos Armenian School', nos Ánxeles. Foi alí onde coñeceu ó seu amigo Daron Malakian quen tampouco pasaba por un bo momento. Pasou o tempo e Tankian comezou a traballar nun lavado de automóbiles. Logo entrou á Universidade de Northridge (California) onde estudou comercio, artes visuais e música. Tankian toca teclados e ás veces guitarra. Tomou cursos de canto con Mark Goodman.

Co paso dos anos Tankian e Malakian atopáronse nunhas salas de ensaio onde se uniron e formaron un grupo musical chamado Soil. Logo reuníronse con outros dous músicos, chamados Shavo e John, con quen formaron o grupo System of a Down (debido a un poema feito por Malakian chamado Victims of a Down en honra ás vítimas do xenocidio armenio).

Serj pode ser considerado unha persoa de extrema capacidade mental e visual, sendo un activista/poeta/letrista/músico moi activo. Ademais do seu traballo en System of a Down, Tankian comezou tamén o seu propio selo discográfico en abril do 2001, chamado Serjical Strike, nun esforzo de ceibar outro tipo de música esquecida pola corrente dominante. A primeira actuación neste selo foi un proxecto de música experimental co seu amigo e músico Arto Tuncboyaciyan chamado Serart. Recentemente creou, xunto con Tom Morello de Audioslave, un programa de radio e unha organización activista independente, chamada Axis of Justice. Escribiu un libro de poesías chamado "Cool Gardens", que foi publicado por MTV Books.

En solitario editar

Para o 23 de outubro de 2007 sacou o seu primeiro álbum en solitario, Elect the Dead, do cal xa se pode escoitar os seus singles, "The Unthinking Majority", "Empty Walls", e "Saving Us".

Notas editar

  1. "Copia da lista en hearya.com". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2019. Consultado o 19 de outubro de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar