Peixe limón

(Redirección desde «Seriola dumerili»)
Seriola dumerili
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Carangidae
Xénero: Seriola
Especie: S. dumerili
Nome binomial
'Seriola dumerili'
Risso, 1810
Sinonimia
  • Caranx dumerili Risso, 1810
  • Seriola dumerilii (Risso, 1810)
  • Seriola purpurascens Temminck e Schlege, 1845
  • Seriola purpurescens Temminck e Schlege, 1845

O peixe limón (Seriola dumerili) é unha especie de peixe perciforme da familia Carangidae.[1] Non se recoñecen subespecies.[1]

Descrición editar

 
Seriola dumerili

Ten o corpo aplanado lateralmente e alongado.[2] Os ollos son pequenos e o fociño redondeado e longo, coa mandíbula inferior un pouco prominente e a boca larga.[2] A súa coloración é azulada polo dorso e branca prateada na zona ventral.[3] Algúns exemplares poden presentar unha liña difusa de cor amarela ao longo dos flancos.[4] A liña lateral encóntrase levemente arqueada na súa parte anterior, non mostra placas óseas e presenta de 150 a 180 escamas de pequeno tamaño ao longo da mesma.[5] Ten dúas aletas dorsais e a aleta anal atópase precedida por dúas espiñas.[5]

Os alevíns teñen liñas transversais de cor escura sobre un fondo amarelado.[2]

Alcanza unha lonxitude máxima de 160 cm e un peso de 60 kg.[6]

Distribución e hábitat editar

A súa distribución é circunglobal, encontrándose no océano Índico, no Pacífico occidental e no Atlántico, de Nova Escocia (Canadá) ao Brasil, e desde as illas Británicas até Marrocos, así como no mar Mediterráneo.[3] É propio de augas subtropicais, principalmente asociado aos arrecifes.[3] Os exemplares novos están ocasionalmente baixo o sombreiro de escifomedusas.[7]

Comportamento editar

É de hábitos peláxicos ou epibentónicos.[5] Pode nadar en solitario ou tamén formar grupos.[5]

Reprodución editar

Os machos alcanzan a madurez sexual aos catro anos e as femias aos cinco.[4] O período de desove ten lugar en primavera e verán, dependendo da zona de distribución.[2]

Alimentación editar

A súa alimentación componse principalmente de crustáceos, calamares e alevíns.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Seriola dumerili (TSN 168689)" (en inglés). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Terofal, F. e Militz, C. (2005). Editorial Blume, ed. Peces de Mar (en español). Barcelona, España. p. 290. ISBN 84-8076-268-3. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (Abril de 2006). "Seriola dumerili". FishBase (en inglés). 
  4. 4,0 4,1 A. B. Armenta Ramírez (2007). Univ. J. Autónoma de Tabasco, ed. Modelo Insumo-Producto (Integración de la Matriz Insumo-Producto) (en español). Villahermosa, Tabasco, México. p. 532. ISBN 978-968-9024-29-3. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Corbera, J., Sabatés, A. e García-Rubies, A. (1996). Planeta, ed. Peces de Mar de la Península Ibérica (en español). Barcelona, España. p. 314. ISBN 84-08-01799-3. 
  6. F. Cervigón, R. Cipriani, W. Fischer, L. Garibaldi, M. Hendrickxx, A. J. Lemus, R. Márquez, J. M. Poutiers, G. Robaina e B. Rodríguez (1992). FAO, ed. Guía de Campo de Las Especies Comerciales Marinas y de Aguas Salobres de la Costa Septentrional de Sur América (en español). Roma, Italia. p. 602. ISBN 9789689024293. 
  7. Riedl, R. (2011). Ediciones Omega, ed. Fauna y Flora del Mar Mediterráneo (en español). Barcelona, España. p. 904. ISBN 978-84-282-0767-6. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar